Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 42 – BALONMÁN TUI 37

Garaysa Xiria 42 (22+20): Julián López (15), Alberto Pereira (8), Enrique Pena (5), Cristian Gómez (4), Ivan Campos (3), Óscar Esmorís (2), Raúl García (2), Manuel Rial (2), Daniel García,…

Garaysa Xiria 42 (22+20): Julián López (15), Alberto Pereira (8), Enrique Pena (5), Cristian Gómez (4), Ivan Campos (3), Óscar Esmorís (2), Raúl García (2), Manuel Rial (2), Daniel García, Gabriel Nogales, Daniel Buño, Jorge Brandón.

Balonmán Tui 37 (18+19): Carlos Fernández (9), Martin (6), Ignacio (6), Javier (2), Aarón (1), Alejandro (1), Yoel, Fabián, Carlos Iglesias, Jesús, Lois.

Colexiados:

Segunda vitoria da campaña para o Garaysa Xiria que parece que pouco a pouco se vai adaptando á categoría. Tras estas dúa vitorias consecutivas, os carballeses ascenden ata a 10º posición e igualan a puntos co Balonmán Ártabro, rival do Xiria na loita por evitar o descenso. Lembremos que nesta categoría o peor clasificado de cada provincia deberá xogar unha promoción co campión provincial correspondente, que determinará a súa continuidade na categoría.

Sufrido partido dos carballeses ante un Balonmán Tui que se amosou moi rápido durante todo o encontro. Na primeira o xogo dos tudense foi moi veloz, sacando rápido de centro e xogando moito co seu pivote, mentres que o Garaysa mantiña unha defensa 3:3 que lle permitía roubar e provocar perdas de balón. Os carballeses non cometeron erros no ataque pero en defensa permitiron moitos pases ao pivote e penetracións claras dos primeiras liñas do Tui.

Na segunda metade os tudenses continuaron co seu xogo rápido en ataque pero os carballeses seguían apretando. Ao Bm Tui non lle era fácil frear o xogo ofensivo dos de Carballo e comezaron a variar a defensa, cambiando a 6:0 e 5:1. Sen embargo o Garaysa conseguía facerse con dous importantes puntos que reforzan a moral do equipo.

A vindeira fin de semana o Garaysa Xiria desprázase ao Grove para medirse ao Rasoeiro Bm.