GARAYSA XIRIA 43 – RODOVIGO SEIS DO NADAL COIA 15

Garaysa Xiria 43 (25+18): Miguel, Rubén Gómez (12), Javi (1), Martín Alfeirán (2), Álex (10), Edu (1), Jorge (1) –equipo inicial- Calvete (3), Iván (3), Luís, Julián (5), Rubén Anes (4) e Martin Gómez

Rodovigo Seis do Nadal Coia 15 (8+7): Pedro, Xoel, Gil(5), Migel, Jorge, Martín (4), David (5), Andrés –equipo inicial- Pablo (1), Samuel, Yago, Borja (5), Miguel López e Fernando

Colexiado: José Ignacio Pereira, sen influencia no resultado.

Partido correspondente á 12ª xornada de liga na División de Honra Infantil na que o equipo carballés se enfrontaba a un dos equipos que está nos postos baixos da clasificación. O encontro presumíase sinxelo para o Garaysa pero iso había que demostralo na pista.

O Garaysa saíu moi concentrado e pronto foi adquirindo vantaxes no electrónico que reflectían a diferenza existente esntre ambos conxuntos. A boa defensa e os rápidos contrataques parcticados polos de Carballo facían que no intermedio o partido xa estivera resolto, 25-8. Na segunda metade o encontro seguiu a mesma tónica que na primeira chegándose ao remate cun contundente 43-15.

Destacar, dentro da boa tónica de todo o equipo, as prestacións ofensivas de Ruben Gómez, que con 13 tantos foi, unha vez máis, o máximo anotador xogando tan só trinta minutos.

A mala noticia foi a lesión de Martín Alfeirán que, nun golpe fortuito cun rival, se fracturaba a nariz mediada a priemira metade. Esto provocará que o xogador carballés esté alomenos un mes de baixa e se perda varios encontros vitales para intentar o asalto ás dúas primeiras posicións da clasificación.El equipo carballés atópase na terceira praza a dous puntos do segundo clasificado e a catro de primeiro.

O próximo rival do Garaysa será o Bm Lavadores de Vigo, outro dos equipos da zona alta.