Garaysa Xiria 44: Jorge, Buño, Daniel Gª (3), Gabriel (3), Iván Campos (9), Raúl (3), Diego (11), Lolo (6), Alejandro (2), Iván Calvo (5), Enrique (2).
Las Cinco Jotas Lavadores 25: Pablo, Iago (2), David (7), Ricardo (2), Adán, Antón (3), Pablo (1), Carlos (1), Aarón (2), Pablo P. (1), Alberto, Xoel, Sergio, Cristóbal (6).
O Garaysa Xiria despedía este 2010 xogando na casa fronte ao Lavadores de Vigo, equipo que chegaba como 9º clasificado con un partido menos. Os de Carballo tiñan moitas ganas de resarcirse da avultada derrota sufrida en Bueu a pasada semana e xogaron con unha alta intensidade dende o comezo do encontro, deixando sen opcións ao seu rival.
Os xogadores menos habituais asumiron a responsabilidade e amosaron que, día tras día, as diferenzas entre os de primeiro e os de segundo ano son cada vez menores. As ganas e o compromiso fan esquecer as diferenzas físicas e a integración co grupo é xa un feito.
Co paso dos minutos e xa cunha importante brecha no marcador o partido tornouse un tanto aloucado, con precipitacións en ataque por parte dos dous equipos e con pequenos erros defensivos froito das ansias por atacar. Pero isto non foi suficiente para poñer en perigo os dous puntos, que finalmente quedaron en Carballo, aínda que si que é certo que os goles encaixados foron demasiados e a diferenza puido ser maior.
Con esta vitoria o Garaysa Xiria ascende ata a 4ª posición cos mesmos puntos que Teucro e OAR, 5º e 6º, ainda que os carballeses contan con un encontro máis disputado.
En definitiva, boa despedida antes das vacacións do Nadal que deixa un bo sabor para pasar estas festas. A próxima xornada xa será no 2011, o 15 de xaneiro a domicilio fronte ao Bm. Tui, no que será para os carballeses o derradeiro partido da primeira do campionato, xa que na seguinte xornada, última da 1ª volte, ao Garaysa tócalle descansar.
Non queremos desaproveitar a ocasión para desexarvos unhas boas festas a todos e un feliz aninovo. Bo Nadal.
