SD TEUCRO 26 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 22
SD Teucro: 26 (12+14): Iago, Luís (3), Axel (1), Xian (10), Adrián, Álex (5), Dani (2) –equipoinicial- Eric (3), Santi, Julio, Martín, Pedro (2), Andrés, Juan. Ifecgás Pereira Xiria: 22…
SD Teucro: 26 (12+14): Iago, Luís (3), Axel (1), Xian (10), Adrián, Álex (5), Dani (2) –equipoinicial- Eric (3), Santi, Julio, Martín, Pedro (2), Andrés, Juan.
Ifecgás Pereira Xiria: 22 (10+12): Dani, Brais (4), Iago (9), Martín, Miguel (6), Jorge Viñas (2), Mario –equipo inicial- Joaquín(1), Alvarito, Dani Amado, Dani López.
Colexiado: Abel Juncal e Farruco Soliño.
O Ifecgas Pereira Xiria viaxaba a terras pontevedresas mermado de efectivos, ben polas lesións ou ben por problemas persoais dalgún dos seus xogadores. De calquera xeito, a ilusión de alcanzar ao Teucro, situado a catro puntos por diante do Xiria, primaba no ambiente do plantel e con tales intencións afrontaban o encontro os xogadores carballeses.
Os de Xiria presentaron loita dende os primeiros compases do encontro, sacando a súa coraxe e tentando superar as moitas adversidades coas que partían. A primeira metade foi moi igualada, aínda que sempre con curtas distancias no marcador a prol dos locais que se retiraban aos vestiarios cunha mínima renda o seu favor, 12-10.
Na segunda parte, mantívose a mesma tónica, a igualdade entre os dous equipos comandaba na pista e no electrónico e aínda que os do Lérez permanecían por diante durante máis tempo, os visitantes daban un último arreón e conseguían igualar o choque a falta de seis minutos para o remate. A situación era inmellorable para o Ifecgás Pereira, xa que o Teucro quedábase con un home menos para xogar estes derradeiros compases. Pero os de Pontevedra sacaban partido a unha situación que en principio era desfavorable para eles e conseguían facer un parcial de 1-0 durante eses dous minutos. Tras recuperar o seu home excluido, outro gol dos locais poñía as cousas moi costa arriba para os bergantiñáns, xa que dous tantos de diferencia en tres minutos que restaban por xogar parecía complicado de remontar. Os de Xiria tentarono cunha defensa individual, pero lonxe de surtir efecto, o Teucro aproveitou tal situación para perforar a portería visitante en dúas ocasións máis e deixar o marcador nese 26-22 final.
Boas sensacións de todos os xogadores de Carballo que se sobrepuxeron de forma esplendida ás baixas coas que viaxou o equipo e fixeron un bo encontro nunha das pistas máis complicadas da División de Honra Galega. O próximo partido para o Ifecgas Pereira Xiria será o derbi provincial, a disputar o mércores 23 ás 17.30 no Pavillón Vila de Noia de Carballo fronte ao OAR.