PROCASA XIRIA 31 – BM NARÓN 20
Procasa Xiria: Martín, Edu (1), Álex (12), Rubén Gómez (4), Luís (1), Jorge (6), Martín Alfeirán (4) -equipoinicial- Calvete (2), Rubén Anes (1), Miguel, Javi, Nogales. Bm Narón: Álex, Bruno,…
Procasa Xiria: Martín, Edu (1), Álex (12), Rubén Gómez (4), Luís (1), Jorge (6), Martín Alfeirán (4) -equipoinicial- Calvete (2), Rubén Anes (1), Miguel, Javi, Nogales.
Bm Narón: Álex, Bruno, Álex N. (4), Adrián (7), Alberto (9), Julio, Sergio -equipo inicial- Juan, Ramón, Iván, Borja.
Colexiados: O colexiado Julio non influiu no resultado final.
Derradeira xornada da segunda volta do trofeo delegación territorial na categoria infantil masculina e o equipo de primeiro ano, o Procasa Xiria, acadaba unha victoria máis ao imporse ao Bm Narón. Vitoria que lle outorga aos de Fernando Vázquez o primeiro posto do seu grupo e a clasificación para a fase final.
Foi o equipo carballes o único que intentaba xogar ao balonmán, con ataques aos espazos e rápidas continuidades do balón para desarbolar a unha defensa visitante de maior envergadura. Se ben cando os carballeses se empeñaban en ir ao un contra un sen mover o balón o éxito correspondia xeralmente aos de Narón. Un equipo o de Narón que saía ao pavillón da Zona Escolar con gañas de dar a sorpresa na pista carballesa.
En defensa os locais comezaron un tanto despistados porque o Narón xogou todo o partido cun 2:4, situación esta novedosa para os xogadores do Procasa. De calquera maneira só foi cuestión de tempo que a maior calidade dos carballeses se impuxera, xa que os naroneses sen ningunha intención por xogar ao balonmán tan só aproveitaban a dous dos seus xogadores para que, de forma insistente, intentaran accións individuais de un contra un, case sempre de xeito anárquico e sen un xogo previo de conxunto.
O partido foi igualado na sua primeira metade aínda que sempre con vantaxes por parte dos locais. Quizais os do Procasa non estiveron coa atención e intensidade á que non ten acostumados pero aínda así o marcador no descanso era favorable por 11-9.
Este parcial do descanso foi un mero espellismo,e,en canto os do Procasa meteron unha marcha máis e desplegaron o xogo ao que nos teñen acostumados estableceronse as verdadeiras diferencias entre un e outro equipo, ata ese contundente 31-20 ao remate dos cincuenta minutos.