GARAYSA XIRIA 45 – RASOEIRO BM 24
Garaysa Xiria: 45 (20+25): Jorge, Buño, Daniel Gª (2), Gabriel (6), Iván Campos (2), Raúl (7), Diego (2), Pereira (7), Borja (3), Jose (4), Lolo (3), Alejandro (3), Enrique (6).…
Garaysa Xiria: 45 (20+25): Jorge, Buño, Daniel Gª (2), Gabriel (6), Iván Campos (2), Raúl (7), Diego (2), Pereira (7), Borja (3), Jose (4), Lolo (3), Alejandro (3), Enrique (6).
Rasoeiro Bm: 24 (13+11): Rubén, Álvaro, Aarón, Sergio (6), Christian (3), Adrián (1), Samuel, Eduardo, Pablo (9), Antonio (5), Manuel, Rubén, Martín y Miguel.
Colexiado: Iván Meijide.
O Garaysa xogou o pasado venres fronte ao Rasoeiro, partido que fora aprazado por petición do Xiria para acudir ao Torneo de León a fin de semana pasada. O equipo visitante presentouse no Pavillón á hora prevista para o inicio do encontro, que tivo que retrasarse 15 minutos.
Os locais saltaban ao campo cunha aliñación pouco habitual, os máis novos tiñan que amosar que eran quen de facerse cargo deste partido e non tardaron en colocarse por diante no marcador mantendo a filosofía de xogo, defensa moi profunda e intensa e contraataque. O encontro chegaba ao descanso cunha vantaxe de 7 goles para o Garaysa, que puideron ser moitos máis de non ser por varios despistes defensivos como erros nos apoios ou nas marcaxes.
Na segunda metade o Garaysa Xiria empregouse máis a fondo na defensa e pouco a pouco foise distanciando máis. Neste segundo tempo vimos a mellor cara dos xogadores de primeiro ano como Pereira ou Gabriel, con 7 e 6 goles, ou Jose, sempre moi intenso tanto no extremo como no central.
Ao remate 45 -24, resultado xusto pola diferenza de potencial entre ambos conxuntos. Mañá Sábado o Garaysa viaxa a Vigo para enfrontarse ao líder da táboa, o Octavio, nun partido que nada terá que ver con este, e onde os de Carballo xóganse ter opcións para clasificarse para o Campionato de España. Moita sorte.