RASOEIRO BM. 20 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 27
Rasoeiro Bm.: 20 (9+11): Dani, Luís, Aarón (3), Sergio, Adrián, Diego (14), Prol (2) -equipo inicial- Garrido, Alejandro, Otero, Samuel, Iñaki (1), Bruno, Cabaleiro. Ifecgás Pereira Xiria: 27 (13+14): Dani,…
Rasoeiro Bm.: 20 (9+11): Dani, Luís, Aarón (3), Sergio, Adrián, Diego (14), Prol (2) -equipo inicial- Garrido, Alejandro, Otero, Samuel, Iñaki (1), Bruno, Cabaleiro.
Ifecgás Pereira Xiria: 27 (13+14): Dani, Martín Alfeirán (4), Iago (13), Miguel (4), Joaquín (2), Alvarito, Mario (2) -equipo inicial- Martín Rial, Luís, Dani Amado, Álex (1), Jorge (1).
Colexiados: Cesar Carballo e Iván Collazo.
O Ifecgás Pereira Xiria fixo un excelente partido o pasado sábado no Municipal do Grove ante o Rasoeiro. Sesenta minutos de máxima concentración, alta intensidade e un sobresainte nivel competitivo en todos os seus homes fixeron posible unha vitoria cómoda baseada nun balonmán rápido e vistoso, con mostras de moita calidade.
Dende o primeiro momento o Ifecgás Pereira comandou no marcador, sabedores do moito que se xogaban no envite. Os visitantes destacaron pola sua fantástica defensa, aínda que tardaron certo tempo en abrir brecha no marcador debido ás imprecisións no lanzamento final, xeralmente dende a liña de seis metros. Pero a partir de aquí, o Ifecgás Pereira sempre dispuxo dunha vantaxe cómoda que non facía perigar os seus intereses, e así chegábase ao descanso con un 9-13 a prol dos de Carballo.
O equipo carballés aproveitou a segunda metade para distanciarse máis no marcador e demostrou un ritmo de partido moi regular ao longo de todos os minutos, sen baixar a garda en ningún momento. Todos os efectivos do equipo dispuxeron de minutos e rendiron a gran nivel, demostrando así que o traballo en equipo da os seus froitos.
Con este resultado, os de Xiria, con un partido menos, fanse donos da metade da taboa clasificatoria afianzándose na sétima posición a só catro puntos do Teucro, sexto clasificado e próximo rival do Ifecgás.