Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 47 – BM. MOAÑA 20

XORNADA 13 20/01/2013 Garaysa Xiria: 47 (25+22): Carlos (4), Vila (6), Ronaldo (3), Antonio, Tito (4), Souto, Brais (6), Xurxo (5), Juanca (5), Andy (3), Fran (6), Daniel (5). Bm.…

XORNADA 13

20/01/2013

Garaysa Xiria: 47 (25+22): Carlos (4), Vila (6), Ronaldo (3), Antonio, Tito (4), Souto, Brais (6), Xurxo (5), Juanca (5), Andy (3), Fran (6), Daniel (5).

Bm. Moaña: 20 (9+11): Rodríguez (13), Durán (1), Martínez (2), Gómez, Abal (1), Gondar (3), Maestro, Fernández, Núñez y Piñeiro.

Colexiados: Juana Garrochena e Farruco Soliño.

O Garaysa Xiria disputou este domingo o encontro que pechaba a primeira volta do Campionato, enfrontábase ao Bm. Moaña, último clasificado da táboa, que chegaba a Carballo disposto a plantarlle cara a un Xiria en racha.

Os carballeses non deron ningunha opción aos do Morrazo e impuxeron a súa superioridade dende o primeiro ataques, deste xeito e aproveitando o xogo rápido que imprime o Garaysa nos contragolpes, xa nos primeiros minutos de xogo o encontro estaba listo para sentenza. A velocidade de Dani e Tito nas contras e as boas definicións de Brais e Fran no xogo posicional transformaban practicamente cada ataque do Xiria en gol.

Sen embargo esa facilidade para mandar no marcador traduciuse nunha pronta relaxación nas labouras defensivas. A falta de atención e de intensidade ía a máis canto maior era a diferenza no marcador, con isto, no inicio da segunda metade o Xiria encaixou un parcial de 1-3 que encheu de folgos aos xogadores do Moaña. Sen embargo os locais reaccionaron e remataron o encontro amosando a súa mellor cara.

Choiva de goles e boas sensacións para encarrilar dous encontros importantes para os intereses do Garaysa como os que esperan nas vindeiras xornadas, o primeiro en Vigo contra o Lavadores e o seguinte contra o Octavio na casa. Esta gran melloría no xogo que estamos a ver no Xiria de seguro que lles brinda maiores alegrías nesta segunda volta que comeza a vindeira fin de semana.