LAS CINCO JOTAS LAVADORES 34 – GARAYSA XIRIA 43
XORNADA 14 26/01/2013 Lavadores: 34 (16+18): Mario, Fran (4), Iago R. (2), Iago S. (2), Alejandro, Henrique (2), Raúl (1), David (8), Joel (2), Juan, Ramón, Roberto (10) e Marco…
XORNADA 14
26/01/2013
Lavadores: 34 (16+18): Mario, Fran (4), Iago R. (2), Iago S. (2), Alejandro, Henrique (2), Raúl (1), David (8), Joel (2), Juan, Ramón, Roberto (10) e Marco (3).
Garaysa Xiria: 43 (23+20): Fran (3), Vila (4), Tito (6), Carlos (10), Xurxo (1), Juanca (15), Antonio, Daniel (2), Brais (2), Ronaldo e Souto.
Colexiadas: Tatiana González e Katherine González
O Garaysa Xiria viaxaba a Vigo para disputar o primeiro encontro da segunda volta contra o Lavadores, rival ao que xa batera no encontro de ida disputado en Carballo, tamén por unha ampla diferenza, aló polo mes de Outubro.
O Garaysa Xiria, que chegaba a Vigo con pouco tempo para quecer, tardou algúns minutos en meterse por completo no encontro. Aínda que en ataque se acadaban boas ocasións de tiro con relativa facilidade, os pequenos despistes defensivos mantiñan ao Lavadores moi preto no marcador. Sen embargo os carballeses, conscientes da importancia do encontro, pronto comezaron a apertar. Os roubos de balón en tarefas defensivas íanse sucedendo cada vez con maior frecuencia, e o Lavadores, que vía como a vantaxe a prol Xiria ía a máis, perdía folgos e cada vez atacaba de xeito máis individualista.
Tras o descanso o Xiria saíu coma unha apisoadora e en poucos minutos endosoulle ao seu rival un parcial moi favorecedor que rompía por completo o encontro. Dende ese momento, cos carballeses gañando de ata 14 goles, o Xiria dedicouse a administrar a renda nun final de encontro cómodo. Cun parcial de 4-1 a favor, os locais recurtaron esa ampla diferenza e maquillaron un resultado que era demasiado castigo para un Lavadores que non deixou de loitar en todo o encontro.
Parabéns aos nosos pola patente melloría que están amosando en cada encontro e por unha nova vitoria que supón a cuarta consecutiva.
Na vindeira xornada o Garaysa recibe ao Octavio de Vigo nun encontro contra un rival directo, será o domingo día 3 ás 12:15 h no Pavillón Municipal Vila de Noia. Agardamos contar co voso apoio nas gradas ante un partido que se presupón moi igualado.