Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 47 – BM. MOAÑA 23

Garaysa Xiria: 47 (23+24): Jorge, Buño, Daniel García (4), Gabriel (3), Iván Campos (5), Raúl (5), Diego (4), Lolo (6), Alejandro (2), Iván Calvo (8), Enrique (10). Bm Moaña: 23…

Garaysa Xiria: 47 (23+24): Jorge, Buño, Daniel García (4), Gabriel (3), Iván Campos (5), Raúl (5), Diego (4), Lolo (6), Alejandro (2), Iván Calvo (8), Enrique (10).

Bm Moaña: 23 (10+13): Mario (2), Héctor (3), Juan (2), Fernando (2), Ángel (2), Breixo (2), Sergio (2), Mauro (2), Diego, Sergio, Esteban (6), Pablo.

Colexiado: Pedro Eiras.

O Garaysa Xiria disputaba a 11ª xornada de liga na División de Honra infantil, e facíao na casa ante o Bm Moaña, que chegaba 9º na táboa clasificatoria con 3 partidos gañados. O Xiria, pola contra, viña ocupando a 5ª praza tras a derrota da semana pasada, na visita á SD Teucro, polo que os carballeses afrontaban este encontro con moitas ganas de recuperar o bo xogo e seguir sumando puntos para non afastarse dos primeiros postos.

Dende os primeiros minutos o Garaysa deixou claro que non ía deixar a mínima oportunidade ao rival e así foi. Dende o asubío inicial a defensa estivo moi entoada e propiciaba rápidas accións de contragolpe. O Xiria tomou vantaxe con un 6-1 nos primeiros 5 minutos e o Moaña, ante a superioridade dos locais, deixouse ir. Tras acadar unha boa renda, os de Carballo baixaron a intensidade defensiva coa que comezaron o encontro e remataron o primeiro tempo recibindo demasiados goles despois do visto no terreo de xogo. O 23-10 do descanso deixaba o partido resolto e agardaba unha segunda metade onde sería complicado manter o bo ritmo defensivo.

E así foi. Tras a reanudación o Xiria comezou bastante sólido co seu 3-1-2 pero a facilidade para recuperar o balón ante un Moaña desganado facía que os xogadores perderan a intensidade necesaria nas tarefas defensivas. Ao final 47-23, festival de goles que nos da unha boa idea de cómo se desenvolveu o encontro.

O próximo partido que disputará o Garysa Xiria será o sábado, 11 de decembro, nun duro encontro para os carballeses na pista do Bueu Atl., líder da competición Agardamos conseguir un bo resultado nesa viaxe e dar un golpe de autoridade ante o líder, para iso temos dúas semanas para preparar o encontro.