IFECGÁS PEREIRA XIRIA 23 – S.D. TEUCRO 25

Ifecgás Pereira Xiria: 23 (13+10): Igor, Brais (3), Iago (9), Martín, Miguel (4), Jorge Viñas (4), Mario -equipo inicial- Joaquín (1), David Álvarez, Luís, Antón (2), Dani Amado.

S.D. Teucro: 25 (14+11): Iago, Luís (3), Axel (1), Xian (10), Adrián, Alex (5) ,Dani (2) -equipo inicial- Eric (2), Santi, Julio, Martín, Pedro (2), Andrés, Juan.

Colexiado: Abel Juncal e Farruco Soliño.

Importante encontro no que o Ifecgás Pereira Xiria viuse moi mermado nos seus efectivos por mor da gripe. Ata seis xogadores carballeses tiveron que quedar na cama curándose do virus, feito que incidíu de forma directa na derrota dos de Carballo.

Os de Xiria presentaron loita dende os primeiros compase do encontro, sacando a súa coraxe e intentando superar as adversidades. A primeira parte foi moi igualada, aínda que sempre con curtas distancias no marcador por parte dos visitantes que marchaban aos vestiarios cunha mínima renda ao seu favor, 13-14.

Na segunda metade, os teucristas abriron unha pequena brecha de tres goles nos primeiros dez minutos da reanudación. Este feito non tería maior transcendencia noutro contexto, pero dado as variables non deportivas que hoxe tiña en contra o Ifecgás Pereira Xiria, foi crucial para o desenlace final do envite. Ese esforzo a maiores que tiveron que facer os de casa para reducir as diferenzas, terminou coa gasolina dos do Xiria nas postrimerías do encontro e tan só se puido reducir a eses dous goles de diferenza o resultado final, 23-25.

Na vindeira xornada debería disoputarse na Coruña o derbi provincial entre o Ifecgás Pereira e o OAR pero este partido será aprazado por mor dun torneo que disputará a selección galega xuvenil.