GARAYSA XIRIA 52 – BM PORRIÑO 19

Garaysa Xiria 52 (25+27): Miguel, Edu, Rubén Gómez (9), Jorge (8), Julián (3), Luís (3), Javi (5) –equipo inicial- Martín Gómez, Martín Alfeirán (4), Álex (8), Rubén Anes (12). Non xogaron por atoparse lesionados Iván e Calvete.

Bm Porriño 19 (7+12): Javier, Roberto (1), Gonzalo (1), Israel (3), Adrián (4), Martin (2), Carlos (8) –equipo inicial- Borja, Brais, Sergio.

Colexiado: José I. Pereira Navaza. Boa arbitraxe.

Partido sen problemas o que disputou o Garaysa Xiria fronte ao último clasificado e no que o único que había que ver era a diferenza final que nos deixaría o marcador. No intermedio xa estaba o encontro máis que finiquitado con un 25-7 a prol dos de Carballo. Os continuos contraataques do Garaysa provocaban que estes se escapasen no marcador dende o comezo do partido. No equipo carballés, como ven sendo habitual, participaron todos os jugadores dispoñibles, disfrutando todos de importantes minutos. Debemos destacar a aoprtación ofensiva de Ruben Anes, quen, con 12 tantos, foi o máximo anotador do partido.

A vindeira xornada preséntase moi diferente. O Garaysa Xiria visita a pista da SD Teucro, líder da clasificación. No encontro da primeira volta os de Pontevedra leváranse os dous puntos por un axustado 23 – 24, no partido máis bonito dos disputados ata o de agora polo Garaysa Xiria. O equipo afronta o partido coa ilusión de conseguir algo importante, pero sempre que defendan ao nivel co que o viñan facendo no remate da primeira volta. Pero, sobre todo, tratase dun partido moi importante para seguir aprendendo e crecendo no periodo de formación dosxogadores desta categoría.