Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

PEGUFORM S.A.R. 26 – CALVO XIRIA 30

XORNADA 23 14/03/2009 PEGUFORM S.A.R. 26 – CALVO XIRIA 30 Peguform S.A.R. 26 (16 + 10): Marcos, David (4), Oliver (5), Agustín (5), José (3), Ricardo (3), Carlos – equipo…

XORNADA 23
14/03/2009 PEGUFORM S.A.R. 26 – CALVO XIRIA 30
Peguform S.A.R. 26 (16 + 10): Marcos, David (4), Oliver (5), Agustín (5), José (3), Ricardo (3), Carlos – equipo inicial – Damián (2), Eduardo (2), Gustavo, Luis (1), Manuel, Gómez (1) e Areses.

Calvo Xiria 30 (13+17): Quique, Cuco (3), Angel, Jesús, Pablo (11), David (8) e Dubra (5) -equipo inicial- Iago, Alex, Chimpo, Borja (2), Gonzalo, Bruno e Manuel.

Colexiados: Srs. Jiménez e Rodríguez.

Parciais: 3-1, 6-4, 8-7, 9-9, 13-11, 16-13, 18-14, 20-18, 21-22, 23-25, 25-29, 26-30.

Partido corresponde á 23ª Xornada da Liga de Primeira División Estatal Masculina que se disputou no Pavillón Municipal de Redondela ante un bo número de afeccionados. O resultado final 26–30, 16–13 no descanso, da ao Calvo Xiria dous puntos importantísimos na súa loita por manter a categoría.

Chegaban a este partido dous equipos ascendidos este ano á categoría cunha situación ben distinta, por unha parte a SAR cos deberes xa feitos e a permanencia asegurada e por outra parte o Calvo coa necesidade imperiosa de conseguir dous puntos que o puidesen afastar da derradeira posición da táboa. Este feito marcou o transcorrer dos sesenta minutos.

O inicio do encontro os nervios fixeron acto de presenza nas filas carballesas e o desatino do seu ataque, sobre todo na finalización, só era contrarrestado por unha defensa aceptable e algunha boa actuación de Quique baixo paus. A SAR seguía a facer o seu partido o marchábase no marcador de ata tres goles. Pouco a pouco a portería deixouse de facer pequena para os carballeses e non só igualou o partido senón que se puxo dous goles por enriba, pero de novo a ansiedade xogoulle unha mala pasada xa que quixo romper o partido e gañalo no minuto vinte, a SAR foise arriba outra vez e logrou marchar para os vestiarios cunha renda de tres tantos.

O segundo tempo non comezou ben para os intereses carballeses, cun Peguform que ampliaba a súa vantaxe ata os cinco goles. Pero foi neste intre cando xurdiu a figura de Iago na portería carballesa que nos derradeiros vinte minutos so encaixou seis goles. O equipo carballés foise contaxiando deste feito e aumentou moito a presión defensiva, xa non había lanzamentos cómodos e todos os xogadores rivais estaban a desgusto cunha defensa con moitas axudas. A saída ao contraataque fixo o resto e pouco a pouco o Xiria foi pondo terra de por medio co seu rival para acadar dous puntos cos que, xunto coa derrota do Grupo Covadonga en Bueu, abandona o posto de descenso.

Mención especial merecen os SEAREIROS DO XIRIA dos que preto dun cento se desprazaron a Redondela para apoiar ao seu equipo e que non deixaron en ningún momento de dar ánimos e aos que ben seguro lles corresponde parte desta vitoria.