Vipecón Xiria 47 (28+19): Bisbi, David (7), Miguel (6), Martín (5), Dragan (1), Jorge Bouzas (6), Javi (4) -equipo inicial- Edu (3), Iván, Jorge Viñas (5), Tucu (5), Héitor (2), Anes (3), Luis.
Bm Cisne 27 (10+17): Santi, Aritz (2), José (1), Manuel (1), Pablo (1), Javier (5), Miguel (4) -equipo inicial- Iván (2), J. Vázquez (2), Gonzalo (4), Couto (1), Corbillón (1), Rodrigo (2), Alexandre (1).
Colexiado: David Rodríguez.
Partido pertencente á 17ª xornada de liga na División de Honra Cadete e que fora aprazado por mor da convocatoria do carballés David García coa Selección Española Promesas.
O partido prevíase con certas dúbidas debido o estado anímico que presentara o equipo había tan só catro días contra o Lavadores, onde se notou demasiado a derrota do pasado venres en Vigo ante o Octavio. Por outra parte o encontro era clave para seguir agardando un tropezo do Octavio na última xornada fronte o Teucro e así conseguir o pase ao campionato de España.
Pero desta volta,os rapaces do Xiria non defraudaron e sairon concentrados dende o primeiro minuto para deixar ben claro que van a loitar ata o final.
Os xogadores do Vipecón saíron moi centrados á pista, sempre conscientes do que se xogaban. Apareceron na cancha de forma contundente e arrolladora para marcar diferenzas dende o primeiro minuto de xogo e os de Pontevedra non podían máis que observar como pasaba un auténtico ciclón que os deixaba fora do partido xa na primeira parte, 28-10. A defensa dos locais era impresionante, Rubén e Bouzas facían unha labor excelente no avanzado e todo o equipo respondía cunha solidaridade sobresainte. Apoiandose nesa faceta e na boa actuación da portería, aparecían rápidos e fulgurantes contraataques que noqueaban aos foraneos, ademais no ataque posicional a mobilidade de todos os xogadores do Vipecón e as correctas respostas daban ao traste coa defensa do Cisne.
A segunda metade xa non tivo máis historia, co único aliciente de saber de canto ía ser a diferenza final a prol dos locais. Ao remate, un incontestable 47-27 que deixaba ben claro as diferenzas que hai entre un equipo e outro nestes intres e mantiña así as esperanzas cara a última xornada ligueira na que o Vipecón debe gañar en Lalín e agardar a que o Octavio pinche na súa visita ao Teucro.
Na derradeira xornada, que se disputa integramente o domingo ás 10.45 h, o Vipecón Xiria visita o Municipal de Lalín para medirse ao Balonmán Lalín.