GARAYSA XIRIA 8 – LAVADORES 13
07/11/2004 6ª XORNADA Garaysa Xiria: Raquel, Juana ( 1 ), Paula, Uxía, Yanin ( 1 ), Cristina ( 4 ), María ( 1 )– equipo inicial – Marta, Fernanda, Adriana…
07/11/2004 6ª XORNADA
Garaysa Xiria: Raquel, Juana ( 1 ), Paula, Uxía, Yanin ( 1 ), Cristina ( 4 ), María ( 1 )– equipo inicial – Marta, Fernanda, Adriana ( 1 ), Iria, Jessica.
Lavadores: Vázquez, Ana ( 1 ), Sheila ( 1 ), Rebeca ( 1 ), Lorena, Saleta ( 5 ), Silvia ( 5 ), – equipo inicial – Tatiana, Vanessa, Sara, Lorena.
O equipo xuvenil feminino Garaysa Xiria caiu derrotado na mañá do domigo ante o Lavadores por un marcador de 8 – 13.
Pouco queda que dicir do sucedido no Pavillón da Zona Escolar se nos atemos os goles marcados. Non funcionou en ningún momento o ataque do cadro carballés que perdía o balón con moita facilidade, pases ó rival, lanzamentos mal seleccionados e mal executados e innumerables situacións de pasos.
Sen embargo no aspecto defensivo funcionou moito mellor, xa que a maior parte dos goles encaixados foron froito das perdas de balón que se convertiron en contraataques fáciles. No minuto vinte do primeiro tempo o marcador sinalaba un empate a 2, e o descanso se chegou con ventaxe para as viguesas, 3 – 7.
A segunda metade foi calcada á primeira soterrando o Xiria todas as suas opcións en erros individuais e non propios do nivel amosado en outros encontros.
Unha pena de resultado xa que o rival en ningún momento o cadro vigués se amosou superior.
O colexiado Sr. José Pérez cometeu erros de apreciación que perxudicaron os dous conxuntos.