TIRSO DE MOLINA 28 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 33

13/11/2004 5ª XORNADA

TIRSO DE MOLINA: Alejandro, Enrique ( 4 ), Jesús ( 3 ), Hugo ( 1 ), Andrés ( 7 ), Alvaro ( 2 ), José ( 11 ), – equipo inicial – Pablo, Iago, Francisco, Eneko, Rafael.

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Miguel, Cuco ( 6 ), Alejandro ( 1 ), Hugo ( 1 ), Cristophe ( 1 ), Carlos ( 7 ), Rodrigo ( 4 ) – equipo inicial – Iván, Miguel Díaz ( 4 ), Aitor, Anxo, Alberto, Chimpo ( 8 ), Gonzalo ( 1 ).

O Asesoría Sueiro Xiria finalizou a primeira volta da liga territorial invicto despois de vencer ó Tirso de Molina por 33 – 28 en Ferrol o domingo pola mañá. No descanso gañaba o cadro departamental por 12 – 13.

Non foi fácil a victoria do equipo carballés que foi a remolque no marcador durante moitos minutos. Os erros voltaronse a repetir, fallos nos lanzamentos de 6 metros, perdas de balón no contraataque, precipitacións no ataque posicional e erros individuais na faceta defensiva con moitas exclusións, nove en total, que foron innecesarias pola forma en que se produciron e que levaron a disputar varios minutos con tres e catro xogadores na pista. Mais a parte positiva viuse reflectida en aspectos psicolóxicos, por primeira vez na tempada o Xiria demostrou que sabe xogar como equipo e que ten desexos de gañar. Se a actitude dos xogadores segue por ese camiño o Asesoría Sueiro Xiria preséntase como un equipo difícil de superar e con argumentos para aspirar ó máximo.

Mención especial merece a labor arbitral, que prexudicou claramente o equipo carballés permitindo accións sobre os lanzamentos dos extremos que o regulamento as contempla como tarxeta vermella e o Sr. Santos Dobaño converteu en saques de portería. Da mesma forma permitiu que o pivote do Tirso cometese en cada ataque dúas e tres faltas sen sinalar ningunha durante todo o encontro, e xa o máximo foi cando decidiu escoitar a grada e sinalar o que lle pedían culminado todo con o peor que foi a perda de autoridade reflectida no minuto 45, cando un xogador departamental o empurrou polas costas e se limitou a miralo sen ter valor de aplicar a sanción que indica o regulamento.

O colexiado Sr. Manuel Santos Dobaño estivo nefasto.