Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Gol no último segundo e dous puntos para o Calvo Xiria

Levouse o Calvo Xiria os puntos en xogo logo duns minutos finais cheos de emoción, dous puntos que unidos aos resultados da xornada o deixan a catro puntos do segundo…

Levouse o Calvo Xiria os puntos en xogo logo duns minutos finais cheos de emoción, dous puntos que unidos aos resultados da xornada o deixan a catro puntos do segundo posto.
Faltoulle intensidade ao conxunto carballés tanto en defensa coma en ataque. Moi brandos en defensa, sen anticipación e sen romper o ritmo de ataque dos locais, víronse unha e outra vez superadas polo dinamismo do ataque que tiveron enfronte. Non foron mellor as cousas no aspecto ofensivo, cunha primeira liña moi parada e con pouca profundidade e unha segunda liña pouco participativa no xogo colectivo. Foron a remolque no electrónico os carballeses durante case todo o partido, paseándose polo abismo dunha nova derrota, pero na posesión definitiva non fallaron e acadaron o gol da vitoria cando os locais xa empezaban a saborear o empate. A posibilidade de seguir na loita pola segunda praza debería ser suficiente motivación para retomar a intensidade ca que estaban a xogar até fai unhas xornadas, recuperando de seguro deste xeito a confianza perdida.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Pablo Herbello ante 200 seareiros. Marcador cada cinco minutos: 4-2, 7-6, 9-7, 10-10, 13-13, 16-16 descanso, 19-19, 21-20, 22-24, 26-25, 28-27, 30-31. Colexiados: David Rodríguez Lera e Vanesa Pérez Domínguez. Excluíron por parte local a: David (20´), Andrés (26´ e 33´), Simón (28´ e 31´) e Alberto (42´) mentres que polos visitantes: Sergio (17´e 29´) e Carlos A. (35´, 56´e 59´).
SERVIAUTO BUEU ATL 30 (16+14): Yeray Simes [p], Sergio Piñeir [p], Eloy Villanueva (13), Mauro Bacelar (1), David Iglesias (1), Simón Cerviño, Andrés Novás, Ramón Curras (6), Anxo Vidal (1), Alberto Garrido (3), Brais López, Andrés Bacelar (4), Román Blanco, Santiago Otero (1).
CALVO XIRIA 31 (16 + 15): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema (3), Javier Rodríguez (3), Martín Alfeirán (5), Brais Puñal (6), Manuel Méndez (3), Jorge Bouzas (2), Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (5), Sergio Facal (2), Gonzalo Pombo (2),Julián López.