Primeiros puntos para o alevín feminino

Punta del Este Xiria – A D Alca A: 4 – 4 (9-4/2-20/7-4/8-11)

O Punta del Este Xiria acadou os primeiros puntos na competición alevín mixta no partido que o enfrontou ao Alca. O equipo composto en exclusiva por rapazas que comezaron esta tempada a adestrar e competir, plasmaron no terreo de xogo o gran traballo que desenvolven día a día, e que as está facendo progresar colectiva e individualmente como amosaron no día de hoxe.

Ribadosar – LK Xiria: 1 – 7 (3-14/5-11/6-9/6-6)

Pola súa parte o conxunto masculino do LK Xiria segue a amosar un gran nivel de xogo, que fai que se manteña na primeira praza da táboa clasificatoria.