Goldie Xiria 14 – Balonmán Tui 32

Crónica do Goldie Xiria 14 – Balonmán Tui 32
Manuel Rey / 12 Novembro 2013
GOLDIE XIRIA 14 – BALONMAN TUI 32 (6-18)

GOLDIE XIRIA 14(6): Sara (Brenda) (p), María, Marta 5, Juana 2, Adriana 3, Natalia, Jessica 2 (equipo inicial) Tamara, Raquel 1, Lucía, Patricia, Cris, e Manon 1.

BALONMAN TUI 32 (18): María (Alba) (p), Susana 6, Nerea 9, Loreto 7, Begoña 4, Capon 2 (equipo inicial) Jennifer, Andrea, Figueiras, Caterina e Marta.

Arbitraron: Ángel Mateo e Óscar Iglesias.

8ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina
9 de novembro 2013 no Pavillón Vila de Noia, 200 espectadores

Moi pouco puido facer o Goldie ante un rival moi superior dende o pitido inicial que, pouco a pouco, foi abrindo brecha do marcador. A velocidade na circulación do balón do Balonmán Tui, conseguía sucesivas penetracións ata os 6 metros o que facilitaba os lanzamentos, chegándose xa ao remate da primeira metade cunha amplísima diferencia para as visitantes.

Serviu o encontro para dar entrada a xogadoras menos habituais en onde destacou a presencia na portería de Brenda, cunha boa segunda metade e o debut de Cris Pombo no lateral do ataque carballés.

A vindeira semana o Goldie Xiria volverá a toparse cun dos favoritos da clasificación o Rasoeiro do Grove.