DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL MASCULINO
OAR Coruña 15 (10+5): Pedro, Daniel M. (1), Alejandro, Fernando, Álvaro, Santiago, Antonio, Manuel, Daniel F. (4), David, Juanca (2), Raúl (1), Juan, Alejandro y Eduardo (7).
Garaysa Xiria: 38 (19+19) Samuel, Fran (10), Antón (5), Vila (4), Ronaldo (1), Andy (5), Roi (2), Brais (2), Urbieta, Cristopher (3), Sergio, Mario, Pablo (4) y José (2).
O Garaysa Xiria levouse o derbi contra o OAR de xeito claro nun choque onde a superioridade física dos carballeses foi determinante no resultado do encontro.
O Xiria comezou o partido un tanto relaxado en defensa permitindo aos locais manterse durante gran parte da primeira metade no partido a través de accións de 1×1 dos seus primeiras liñas, que superaban de xeito claro a profunda defensa do Garaysa. En ataque o equipo acadaba goles con facilidade, pero a defensa tardou un tempo en comezar a funcionar.
En canto o equipo comezou a apertar en defensa e os apoios comezaron a chegar a tempo o Xiria abriu unha importante brecha no marcador a través de accións de contragolpe que terminaron por romper o partido. O 10-19 ao descanso deixaba todo encamiñado para a segunda metade.
O segundo tempo foi un mero trámite onde o Xiria dedicouse a facer o que mellor sabe, defender con intensidade para favorecer os roubos de balón e aproveitar a velocidade dos seus xogadores para acadar goles de contraataque que terminaron por colocar un contundente 15-38 no marcador ao remate dos 50 minutos.
Na vindeira xornada o equipo viaxa a Pontevedra para enfrontarse o S.D. Teucro, nun partido contra un rival directo de cara a conseguir unha praza para o Campionato de España.
