Goldie Xiria 20 – Lavadores 30

Crónica do Goldie Xiria 20 – Lavadores 30
Manuel Rey / 25 Novembro 2013
GOLDIE XIRIA 20 – BM LAVADORES 30 (11-17)

GOLDIE XIRIA 20 (11): Brenda (Lucía) (p), María, Marta 6, Cris 7, Adriana 4, Raquel, Jessica 2 (equipo inicial) Natalia, Tamara 1, Isa, Verónica, Sandra e Manón.

LAVADORES 30 (17): Sofía(Helena) (p), Ines 5, Raquel 1, Lucía, Anthía 9, Celia, Uxía 5 (equipo inicial) Estefanía, Andrea 3, Alba, Carla 3 e Sheila 4.

Arbitraron: Oscar Iglesias e Angel Mateos, ben, excluiron polo Xiria a Cris Pombo (3 veces) e polo Lavadores a Anthía

10ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina. 23 Novembro 2013 no Pavillón Vila de Noia, 150 espectadores

As baixas de Sara na portería por lesión e Juana por traballo, parecían mermar a un Goldie Xiria que esta vez si plantou cara a un dos favoritos na clasificación da Primeira Autonómica. Costoulle moito ao Xiria adaptarse as circulacións e e rapidez das xogadoras viguesas que chegaban ao descanso coa ventaxa de 6 goles. Pero a garra e o bo facer das locais colocaban aos 10 minutos da reanudación ao Xiria a dous goles do seu rival, 16 a 18, volvendo a afloxar en defensa na derradeira parte do encontro.

Boas sensacións a pesar do resultado para o Goldie Xiria, en onde destacou a lateral Cris Pombo cun gran arranque de partido e moi vixiada con mixta no resto do encontro, con eses 7 goles.

A vindeira semana o Goldie Xiria visita a un rival da que podemos chamar da súa liga, o Balonmán Lalín, co obxetivo de seguir medrando como equipo e de traer os puntos para Carballo.