SD.TEUCRO: 36 – E.BM.XIRIA: 30

XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA

SD.Teucro 36 (21+15): Gil, Piñeiro (7), García (4), Mouco (6), Domínguez (7), Castillo (2), Leiro (3) – Equipo inicial – Pazos (5), Vilariño, Ameijeiras (1), Altirribia, Baltasar, Rey (1). O.López.

E.BM.Xiria 30 (13+17): Buño, Dani (2), Oscar,Enrique (1) , Iván(9),Diego (5), Julián(2) – Equipo inicial – Lolo(5), Jorge, Cristian (1), Calvo (2), Gabriel, Alberto (3),Borja.

O equipo xuvenil de E.BM.Xiria, viaxaba a Pontevedra coa idea de recuperar sensacións perdidas o pasado Domingo no derbi contra o OAR, pero a realidade foi ben distinta e o conxunto carballes firmou a sua peor actuación da tempada, deixando escapar unha ocasión única de impoñerse a un Teucro mermado e dando infinidad de facilidades a un rival moito máis metido en faena.

O encontro comenzaba cun ritmo moi baixo e indolente por parte dos bergantiñáns e os da cidade do Lerez, aproveitaban para poñer o primeiro parcial favorable para os seus intereses no paso polo minuto cinco (3-0). A defensa teucrista amosábase agresiva e con intención cara ó balón e non tardaron en impoñerse a primeira liña do ataque bergantiñán, totalmente estática e previsible nas súas acións. Os erros dos de Xiria sucedíanse, ben polas interceptacións dos rivais ou polos erros non forzados, normalmente en tomas de decisión incorrectas ou en pases e recepcións errados. Os pontevedreses non desperdiciaban tantas facilidades e con dous parciais, un de 4-1 e outro de 5-3, poñían terra de por medio no meridiano do primeiro acto (15-8). Un último parcial de 4-1 nos últimos cinco minutos de este tempo, deixaba o partido visto para sentencia, salvo miragre (21-13)

Na reanudación, o Xiria saíu de novo aletargado, estático, tanto en defensa como en ataque e a diferencia non tardaba en aumentar ata os dez goles. Preveíase unha goleada certamente avultada, pero foi entón máis por orgullo que por xogo, cando os bergantiñáns, aumentaron a sua intensidade defensiva e fixeron da velocidade a súa mellor arma ao contragolpe. O teucro baixaba tamén o seu ritmo e facía algúns cambios, momento que aproveitan os de Xiria para seguir acercandose no electrónico, inda que

sin perigo algún para os intereses teucristas. O 2-6 de parcial nos últimos cinco minutos, non serven para maquillar a sensación de indolencia que se producíu o longo de todo o encontro, pero si para mostrar o camiño a seguir si se quere puntuar contra o Lucero de Cangas, próximo rival que visitará o Vila de Noia carballés a próxima semana e que ocupa a segunda praza da clasificación, tres puntos por encima dos de Carballo, cartos, nesta xornada.