Serviauto Bueu 23 – Calvo Xiria 31

Crónica do Serviauto Bueu 23 – Calvo Xiria 31
Manuel Rey / 24 Febreiro 2014
SERVIAUTO BUEU ATL 23 – CALVO XIRIA 31

Serviauto Bueu Atl. (13+10): Yeray [p], Eloy (4), Pablo (6), Miguel (4), Andrés (2), Santiago (5), José (1) – equipo inicial – Sergio [p], Mauro, David, Alejandro, Simón (1), Alberto.

Calvo Xiria 31 (15+16): Iago [p], Ramón (4), Rubén (2) , Sergio (7), Chimpo (7), Brais (3), Zas (1)- equipo inicial- Naya [p], Zúpez [p], Pablo (3) , Gonzalo (1), Calvete, Martín (2), Javi (1).

Cen seareiros no Pavillón Municipal de Bueu.

Colexiados: Ana Correa Araújo e Soraya Abelenda do colexio galego. Excluíron por parte local a Andrés (10´), José (30´ e 36´) e Alejandro (47´e 51´) mentres que polo bando visitante sancionaron a Sergio (17´e 41´), Gonzalo (22´), Zas (23´) e Brais (44´).

Marcador: 1-2, 4-3, 6-9, 8-11, 10-12, 13-15 (descanso); 14-19, 14-22, 17-24, 18-28, 20-29, 23-31.

7 metros: Serviauto Bueu Atl.: 7 / 8 ### Calvo Xiria: 2 / 3

Disputouse a vixésima xornada da liga de 1ª Estatal na que o Calvo Xiria se desprazou a Bueu, e na que o conxunto carballés fíxose cos dous puntos en xogo, o que fai que se manteña na segunda praza da táboa clasificatoria. Houbo partido mentres o Calvo Xiria non puxo a súa defensa ao nivel que nos ten acostumados.

E iso non foi ate o segundo tempo. Os primeiros trinta minutos foron igualados debido en gran parte á relaxación defensiva carballesa que permitiu que os xogadores locais xogasen cómodos e acadasen lanzamentos dende os seis metros. As axudas tardías provocaron que o Bueu tivese sete lanzamentos de 7 metros ao seu favor nese período. So as paradas de Iago e as aportacións individuais ofensivas permitiron que ao descanso o conxunto carballés marchase cun +2 que deixaba todo o traballo por facer.

Mais o paso polos vestiarios transformou ao Calvo Xiria que en dez minutos acadou un parcial favorable de 1-7 que deixaba visto para sentencia o partido. A partir dese intre uns e outros deixaron pasar os minutos agardando o asubío final.

O que non se pode esquecer é a carga emocional que tiña esta xornada para os verdibrancos, xa que supuxo a despedida de Pablo coma xogador do Calvo Xiria, toda vez que a partires deste luns estará a disposición do Frigoríficos do Morrazo da liga ASOBAL ate final de tempada. Escolas Balonmán Xiria deséxalle o mellor nesta nova andaina.

Agora o Calvo Xiria ten unha semana de descanso coincidindo co Antroido, e non será ate o 8 de Marzo que teña o seu seguinte partido, no Vila de Noia, ante o Lavadores de Vigo.