Con contundencia no xogo e no marcador, así se pode cualificar a gran vitoria do Laber Xiria xuvenil en Pontevedra ante o potente conxunto do Teucro, lider da categoría e invicto ata este encontro.
Despois da derrota da semana pasada en Carballo fronte ao BM.Lalín, os vedinegros xogábanse manter a segunda praza da clasificación fronte ao que amosara ser o mellor equipo do campionato ata o momento,o Teucro de Pontevedra.
O Laber Xiria, comezou o partido cunha intensidade defensiva excelente, presionando aos seus rivais, non deixandoos actuar e facendo que se sentisen incómodos no posicional. O labor de Iván Calvo no avanzado, foi clave para crear dúbidas á primeira liña dos locais, provocando numerosas perdas de balón e interceptacións que os bergantiñáns aproveitarían para perforar a portaría contraria ao contragolpe. Foi deste xeito que o adestrador local, Luís Montes, ´víase obrigado a pedir o seu primeiro tempo morto antes do minuto dez (2-6). Pero os de Carballo estaban tan concentrados no partido de hoxe e en como debían de afrontalo, que ese tempo non supuxo gran cousa para os locais e o envite trascurriría polos mesmos camiños que con anterioridade. O 15-24 da primeira parte, deixaba en clara franquía a posible vitoria para os bergantñáns, pero a recado que quedaba aínda moito por traballar dada a entidade do rival.
Na continuación, os de Xiria xestionaban ben a diferenza e non pasaban apuros nos primeiros dez minutos deste tempo. Foi entre o 10 e o 17 cando apareceron certas dúbidas en ataque e onde os azuis aproveitaron para achegarse a unha distancia de cinco goles, pero a personalidade dos xogadores carballeses, saíu de novo a escena e apoiados na defensa e na velocidade ao contraataque, mataron definitivamente o encontro para posicionerse de forma consistente nesa segunda praza que pode dar acceso á disputa do campionato de España.
A semana que vén, o Laber Xiria recibe a un duro rival, o Luceros de Cangas, un conxunto de moita entidade e fronte ao que haberá que facer as cousas moi ben si os carballeses queren gañar.
SD.Teucro Aegon: 28 (15+13). Hector, Aser (6), José (2), Marcos (2), Sergio (3), Andrés (7), Altirribia (6)-Equipo inicial-Felipe, David, Peón, Rey, Edu, Luis (2).
Laber Xiria: 39 (24+15). Antonio Mato, Iván Campos (13), Gabriel Castiñeiras (1), Enrique Pena (8), Manuel Rial (2), Iván Calvo (5), Diego Morandeira-Equipo Inicial-Dani Buño, Andrés Barca, Alex Figueroa, Borja González, Diego Gago (3), José Pereira (1), Borja Rodríguez, Dani García (6), Tito Torres.
Resultado cada 5´: 1-3/4-7/6-11/10-13/12-19/15-24-Descanso-16-25/19-28/23-30/24-33/27-36/28-39-Final-
Árbitros: Elena Rivas e Abel Juncal. Excluiron con dous minutos a José, Sergio (2) e Altirribia polos locais e a José Pereira e Iván Calco polos visitantes.
Incidencias: Encontro da xornada número 16 da liga de División de Honra en categoría xuvenil disputado no Multiusos de Pontevedra ante a presenza de trinta siareiros de Carballo.
Fotos do encontro:







