O Grupo Lemaco Xiria, recupera a cuarta praza da clasificación despois dunha gran vitoria en Pontevedra fronte ao Teucro. Os de Carballo, que completaron un partido excelente, dominaron con autoridade todo o encontro.
O Grupo Lemaco, que levaba sen contar con todos os efectivos desde antes do parón do Nadal nos adestramentos, recuperaba esta pasada semana a normalidade nos mesmos e todo o grupo volvía traballar con intensidade e dedicación. Isto foi clave para que, despois de tres xornadas irregulares, os bergantiñáns recuperasen o seu mellor nivel na cidade do Lerez.
Comandando o envite dende o inicio, os verdinegros poñían terra polo medio cun parcial de 2-10 entre o minuto 10 e o 20 (8-18), apoiados nun extraordinario labor defensivo e a posterior saída ao contragolpe, facendo da velocidade o seu mellor arma. O 12-26 que reflectía o electrónico no descanso, daba por finiquitado o partido a favor dos de Xiria.
Foi no minuto 15 da continuación cando os visitantes conseguiron a maior renda do encontro (21-39), maquillada posteriormente polos locais nun momento no que os de Xiria baixaron o ritmo que levaban amosando durante os 45 minutos anteriores, sabedores de que os dous puntos en xogo xa non se podían escapar. Ao final, un resultado de 34-43 que deixa de novo a os cadetes do Grupo Lemaco nas posicións de privilexio.
O próximo fin de semana, o Grupo Lemaco terá un dificil compromiso en casa fronte ao Lucero de Cangas, rival que se situa tan só un punto por baixo dos de Carballo e cun partido menos.
SD.Teucro Norbrok-21: 34 (12+22). Rabuñal, Javi (11), Alex (7), Luis (3), Sergio (1), Jacobo (4), Manuel (2)-Euipo inicial-Anxo (2), Ameijeiras (1), De Sousa (3), Schipper.
Grupo Lemaco Xiria: 43 (26+17). Manuel Souto,Carlos Vilanova (16), Fran Rey (6), Andrés Vila (5), Roi Alfeirán, Daniel Esmoris (1), Juan Carlos Rodríguez (12)-Equipo inicial-Antonio Mato, Samuel Castiñeiras, José Varela, Pablo Cambón, Antón Traba, Ronaldo Durán (1), Andy Rey (2), ,Manuel Sánchez.
Resultado Cada 5´: 2-4/6-8/7-13/8-18/10-22/12-26/-Descanso-15-32/19-35/21-39/24-40/27-42/34-43-Final.
Árbitros: Elena Rivas e Abel Juncal. Exluiron con dous minutos a De Sousa e Ameijeiras polos locais e a Roi Alfeirán e Juan Carlos Rodríguez (2) polos visitantes.
Incidencias: Partido da xornada nº 16 da División de Honra cadete masculino disputado no Multiusos de Pontevedra ante numerosos siareiros desprazados dende Carballo.
Fotos do encontro:
Clasificación 16ª xornada: