Gran partido do Calvo Xiria para superar ao Rodosa Bm Chapela

O Calvo Xiria cunha gran defensa 5:1, e moi rápido nas transicións levou ao límite ao Bm Chapela, que soubo recortar unha diferenza de goles que ben puido ser maior despois do reflectido no encontro. 

Xa nos primeiros minutos do partido, o Calvo Xiria sorprendía ao seu rival cun ritmo frenético e marcaba as primeiras diferenzas con 4 a 1 no electrónico. Refíxose do mal comezo o Chapela a través dun tempo morto; pero mediada a primeira metade o Calvo Xiria que mantivo un ritmo constante durante toda a primeira metade volvía sacar diferenzas (14 a 8); e é que o traballo da defensa e a portería raiou a un gran nivel na tarde do sábado.

Fran Teixeira viuse obrigado a pedir un segundo tempo morto para reorganizar ao seu equipo. O Chapela paralizou a sangría e ao descanso chegouse con 16 a 12.

Na reanudación; tivo que lidar o equipo local con dúas exclusións moi dubidosas en contra; pero a intensidade defensiva e Iago mantiñan as diferenzas (20-16) e en canto recuperaron a igualdade numérica o Calvo Xiria mostrouse mellor; adquirindo a máxima vantaxe do encontro, 24 a 17. Pero, o Bm Chapela devolvía a renda aos 4 goles aproveitando outra superioridade e o Xiria vería freado o seu empuxe para romper o partido.

Os últimos minutos caeu o ritmo do encontro e os visitantes tentárono cunha defensa mixta sobre David García que foi o máximo realizador do partido con 12 goles; pero o xogo entre liñas dos de Carballo serviu para alzarse finalmente coa quinta vitoria seguida e dous novos puntos para a clasificación.

Vitoria importante para o Calvo Xiria que a seguinte xornada vivirá outro partido transcendental contra o Lanzarote, a domicilio.

Calvo Xiria 30 – Rodosa-Bm Chapela 27

Calvo Xiria (16+14): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari, Gabriel Castiñeiras (3), Fran Rey, Dani Mallo (4), Chimpo Rodríguez (1), Diego Vega, Juanka Rodríguez (1), Manu Méndez (1), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (4), Aaron Rodríguez, David García (12) Adrián Losón (1), Edu Cousillas (3).

Rodosa-Bm Chapela (12+15): Kevin García (p), Ángel Noya (p), Miguel Espiño, Pablo Vidal, Rubén Figueirido (5), Fabián González (1), David Figueirido, Álex Sánchez (6), Adrián Lomba (2), Óscar Silva (2), Xacob Novoa (3), Alberto Garrido (2), Pablo García (1), Jacobo Rodríguez (5).

Marcador cada 5 minutos: 4-1, 6-3, 8-5, 10-7, 14-8, 16-12, (descanso); 18-13, 20-16, 24-17, 26-22, 28-25, 30-27.

Árbitros: Abel Juncal e Ángel Mateos do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á quinta xornada do Grupo A de a Primeira Estatal, disputado no pavillón Vila de Noia, de Carballo.