Gran partido do Garaysa B fronte ao campión da Liga Prata

Un Garaysa B moi combativo demostra que pode competir contra calquer equipo.

Cisne Colegio Los Sauces 29 – Garaysa Xiria B 19

Garaysa Xiria: Héctor Dubra, Manuel P. Mira, Tomás Añón, Sergio Pérez, Roi Pérez, Manuel P. Fieira, Gael Romero, Marco Núñez, Álvaro Cotelo, Jorge Nielsen, Óscar Longueira, Pablo Martínez.

Incidencias:  Partido correspondente á 3ª xornada da 2ª fase da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón Fogar (Carballo).

Arrincaba o encontro en Carballo cun Garaysa B que sabía que se enfrontaba ao campión da Liga Prata e que ía a ser un partido duro. Os carballeses comezaban moi duros en defensa e movendo moi ben o balón en ataque, para encontrar ocos na defensa cerrada de Cisne. Avanzaba o choque e os pontevedreses, impoñían a lóxica e conseguían irse no marcador por 7 goles, para chegar ao descanso.

A segunda metade, e a pesares da diferencia no marcador, o Garaysa B competiu o partido ata o final, e a diferencia dos anteriores partidos, non baixaron os brazos, nunha segunda metade moi axustada con tan só 3 goles de diferencia.

A vindeira semana o Garaysa B cerra a tampada visitando a outro rival duro como é o Arteixo.