Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Gran partido e vitoria traballada do Goldie Xiria diante do Teucro

Goldie Xiria 25 S.D. Teucro Pescamar 24 (11-11) Non se encolleu o Goldie Xiria ante un rival que aspira esta tempada a estar no máis alto da clasificación e acceder…

Goldie Xiria 25 S.D. Teucro Pescamar 24 (11-11)

Non se encolleu o Goldie Xiria ante un rival que aspira esta tempada a estar no máis alto da clasificación e acceder a Fase de Ascenso. O Teucro viuse sorprendido por un Xiria que xa de inicio daba síntomas de fortalecemento defensivo e de xogar coas ideas claras no ataque. A primeira liña do Goldie conectaba unha e outra vez con Marta no pivote, que pese a non estar por momentos moi acertada de cara a gol, abriu a defensa rival para que as súas compañeiras encontrasen os ocos de penetración e eficiencia de cara a gol.

Foron sesenta minutos de igualdade, onde o Teucro arrancou con máis empuxe, pero as xogadoras carballesas a base de boas combinacións no xogo de ataque e unha maior intensidade defensiva cerraron e asfixiaron ao seu rival. Na segunda metade o Xiria con máis empuxe conseguía adiantarse no marcador ata de 3 goles, máxima diferencia que se foi reducindo ata ese 25 a 24 final, que da os puntos ao Goldie Xiria para seguir na cuarta posición.

A vindeira semana, o Goldie intentará repetir o logro, pois visita Carballo o Balonmán Caselas, actualmente segundo na clasificación, será outra boa oportunidade para que o Xiria demostre ata onde pode chegar nesta tempada.

Goldie Xiria 25: Brenda Noya (porteira) Marta Regueira 5, Natalia Solís 1, Jessica Posse 5, Leticia Casal, Sheila Ferreiro, Alba Pombo, Zeltia Landeira, Juana Garrochena 6, Raquel Gómez 2, Elena Segade, Laura Carracedo 4, Ainoa Míguez, Tamara Pombo e Adriana Gómez 2.

S.D. Teucro Pescamar 24 : Lorena e Tania (porteiras), Ana 4, Paula 4, Angela 1, Marta, Andrea, Alba, Danilza 7, Corredoira 2, Anais 4, Elena 2, María, Sabela e Patricia

Arbitraron: Víctor Frade e José Pérez, excluíron a Zeltia e Leticia polo Goldie e a Alba polo Teucro

200 persoas nas bancadas do Vila de Noia