Superioridade do Laber Xiria ante o Nova Xestión Pabellón de Ourense
Importante vitoria dos xuvenís do Xiria ante o Nova Xestión Pabellón de Ourense para rematar a Primeira volta do campionato ligueiro, que fai posible que os verdinegros continúen ocupando o…

Importante vitoria dos xuvenís do Xiria ante o Nova Xestión Pabellón de Ourense para rematar a Primeira volta do campionato ligueiro, que fai posible que os verdinegros continúen ocupando o segundo posto da táboa clasificatoria seguindo a estela do líder, o BM.Bueu.
Comezaron os de Carballo dominando no xogo e no electrónico dunha maneira incontestable (17-0 minuto 20), amosandose moi superiores o seu rival. Os visitantes encontraban moitas dificultades para superar a ferrea defensa carballesa e non foron capaces de perforar a portaría de Antonio ata o minuto vinte. Polo contrario, víanse desbordados pola velocidade dos de Carballo no contragolpe e os goles ían subindo na conta dos locais rapidamente. O xogo dinámico no ataque posicional daba moi boa renda aos bergantiñáns, que non estaban dispostos a permitir ningunha sorpresa no día de hoxe. A seriedade e a concentración foron aspectos vitais contra un bo equipo que, apesares de ser o pechacancelas da clasificación, xa puxera en moitos apuros a varios conxuntos situados na parte alta da táboa. Esta forma de afrontar o envite foi clave para que o Laber Xiria puxera terra de por medio dende o inicio e puidera disfrutar dunha diferencia no descanso que daba por rematado o encontro (23-7).
Na segunda parte houbo máis do mesmo, cos de Carballo mantendo o dominio no xogo e a seriedade do mesmo, apoiados por unha alta contribución de todos os xogadores. O Laber Xiria non daba opción algunha o seu rival na reanudación e mantiña esa alta intensidade que aumentaba as diferencias e facía posible que os dous puntos quedaran na casa.
Para a semana que ven haberá unha pausa na competición, debido a ponte de Decembro, pero o fin de semana do 13, o Laber Xiria volve a xogar na casa contra un gran conxunto, o BM.Luceros, que ocupa a terceira praza, xusto por detrás dos de Carballo e a tan só un punto destes. Un partido de poder a poder onde os visitantes tentarán arrebatar a segunda praza ao conxunto bergantiñán e estes sumar os dous puntos para seguir tendo a tiro a cabeza da clasificación. Será o primeiro partido da segunda volta e polo tanto dará comenzo a loita final para acadar o título ligueiro, un camiño que se presenta apaixoante e moi igualado.
Laber Xiria: 47 (23+24). Antonio Mato (P), Carlos Vilanova (5), Gabriel Castiñeiras (7), Juanka (12), José Pereira (4), Iván Calvo, Borja Rodríguez (2) –Equipo Inicial- Tito (8), Alex Figueroa, Manuel Souto (P), Kevin Santos (3), Daniel Esmorís (2), Andrés Vila, Roi Alfeirán, Antón Traba (4), Francisco Rey.
Nova Xestión Pabellón: 15 (7+8). Manuel, Pablo Fernández, Diego, Alex, Dani (1), Raul (2), P. Rodríguez, Javi (2), David (1), Jesús (2), Gabriel (4), Manuel (3).
Parciais cada 5´: 2-0/8-0/13-0/17-0/20-4/23-7**/Descanso/25-9/30-10/34-11/40-12/43-14/47-15/Final.**
Colexiados: Abel Juncal e Angel Villar. Excluiron con dous minutos a Roi Alfeirán (2) e Kevin Santos, polos locais.
Incidencias: Encontro da derradeira xornada da primeira volta na liga de División de Honra en categoría xuvenil, disputado no Vila de Noia ante un centenar de seareiros.
Fotos do encontro:








