Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Viaxa o Calvo Xiria a Chapela

Décima xornada de liga na primeira estatal para Calvo Xiria que se enfrontará en Chapela o sábado ás 18:30 ao Construcciones Castro. Primeiro e segundo clasificado enfróntase nun duelo que…

Décima xornada de liga na primeira estatal para Calvo Xiria que se enfrontará en Chapela o sábado ás 18:30 ao Construcciones Castro. Primeiro e segundo clasificado enfróntase nun duelo que obrigará aos carballeses a dar o mellor que levan dentro para facerse cos puntos en xogo, seguir en defensa e portería coma nos últimos partidos e facer que o balón se mova a moita velocidade serán clave para que o Calvo Xiria siga invicto. Aínda non coñecen os verdibrancos que xogadores estarán dispoñibles pois as molestias e lesións seguen a perseguilos, máis que nunca pensar en equipo preséntase coma factor fundamental. Tamén fundamental será o papel que desempeñe a parella arbitral, Aitor Cano Ramos e Lain Montes Grande, nunha das canchas na que o público máis presiona aos colexiados.

Partido complicado para o Goldie Xiria, que o sábado no Vila de Noia a partir das 20:00 mídese a un Teucro que marcha no terceiro posto, xusto por diante das carballesas. Seguir ca firmeza defensiva e obter mellores números na finalización semellan imprescindibles para sacar o partido adiante.
E os equipos da división de honra xogarán no Vila de Noia o domingo. O cadete Grupo Lemaco Xiria enfrontarase ao Carballal ás 10:00 ca vista en non deixar escapar máis puntos para seguir na loita polos tres primeiros postos. Xusto despois, ás 11:30 Garaysa Xiria repetirá rival estando en xogo o liderado da división de honra infantil. Os carballeses deberán atopar a forma de conseguir espazos na defensa pechada do Carballal e corrixir algúns erros defensivos que levan arrastrando varias semanas. E o Laber Xiria, dende ás 12:45, medirase ao Nova Xestión Pabellón, noutra cita máis na que os de Carballo non poden ceder se queren seguir a estela do líder. A posición na táboa clasificatoria dos de Ourense (penúltimos), non debe de levar a enganos, xa que varios encontros contra conxuntos da parte alta foron moi igualados. Os bergantiñáns contarán con todos os seus efectivos para disputar este envite.
Por outra banda, os infantís do Marmolería José Rey Xiria teñen unha dobre cita este fin de semana. Empezan o sábado 28 en Carballo ás 10:30 no pavillón Carballo Calero contra o Balonmán Culleredo e o domingo 29 ás 10:30 contra Lucus Recambios Infra, en Lugo. O obxectivo é seguir co bo xogo dos últimos partidos e tentar estar máis acertados na tarefa goleadora.
E tamén haberá xornada de minibalonmán alevín e benxamín. Cincuenta rapazas e rapaces desprazaranse a Camariñas para afrontar unha nova xornada chea de gañas de mellorar.

Máis sobre isto