Gran reacción do Xiria non chega para evitar a derrota pola mínima
Na 8ª xornada da Liga Ouro, o Hierros Varela Urbieta Xiria visitou o S.D. Teucro UIE no Pabellón Multiusos da Xunqueira, nun encontro moi intenso que rematou cun axustado 34-33…

sábado 22 de novembroPABELLON MULTIUSOS A XUNQUEIRAXuvenil masculino · Liga Ouro
Na 8ª xornada da Liga Ouro, o Hierros Varela Urbieta Xiria visitou o S.D. Teucro UIE no Pabellón Multiusos da Xunqueira, nun encontro moi intenso que rematou cun axustado 34-33 a favor da equipa da casa.
O comezo non foi o mellor para o Xiria, que entrou algo desconectado e permitiu que o Teucro abrira unha vantaxe importante (18-12 ao descanso). Pero tras o paso polos vestiarios, o Xiria mostrou unha cara completamente diferente, cunha reacción chea de carácter que o levou a achegarse no marcador e a loitar polo empate ata o último segundo.
Destacaron no plano individual Nicolás Cancela con 12 goles e Andrés Pombo con 10, así como o gardameta Iker Lema, que foi clave en momentos de presión.
O adestrador valorou o esforzo da equipa:
«Temos que entrar máis concentrados nos partidos. Cando o consigamos desde o primeiro minuto, estaremos preparados para competir con calquera rival.»
Unha mostra máis da evolución desta equipa nova, con moito potencial por diante.
O partido
- Hoxe na táboa
- 7º


