Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

Gran traballo do Garaysa Xiria para sumar dous puntos

Antepenúltima xornada da división de honra infantil a disputada este domingo en Carballo, entre o Garaysa Xiria e o Seis do Nadal. O choque deu comezo ás 10:00, e os…

Antepenúltima xornada da división de honra infantil a disputada este domingo en Carballo, entre o Garaysa Xiria e o Seis do Nadal. O choque deu comezo ás 10:00, e os locais saíron á pista centrados no que tiñan que facer. Os xogadores brillaron na parcela defensiva; onde actuaron como un conxunto; traballando arreo, sen deixar apenas espazo. O Seis do Nadal tería que parar o partido para recompor as súas filas; xa que nos dez primeiros minutos perdían por 13 a 4. O equipo vigués tentouno; pero o Garaysa mantería o ritmo do partido e ao descanso xa gañaba por 23 a 10.

Na continuación, e con todo decido; o carballeses seguiron traballando na boa liña do último mes. Axustando o sistema defensivo e con rápidas transicións defensa-ataque; que levaron o marcador final ao 41 a 20.
O equipo faise máis forte cada semana que pasa e o traballo semanal, vese reflectido nos partidos. Quedan dúas xornadas para acabar a liga regular; onde os carballeses marchan en segunda posición.

A seguinte xornada o Garaysa Xiria viaxa ata Cangas para enfrontarse ao Luceros, quinto clasificado.
Incidencias: Partido disputado non pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: Aarón Sestay Prieto do colexio galego. 7 metros: Garaysa Xiria 4/5 Seis do Nadal 3/3.
Marcador cada 5 minutos: 7-2, 13-4, 17-6, 22-7, 23-10, descanso, 25-12, 29-14, 32-15, 38-17, 41-20.
GARAYSA XIRIA 41 ( 23 + 18 ): Pedro Pena [p], Aarón Rodríguez (5), Carlos Varela, Mario Cancela (7), Daniel Mallo (7), Fernando Mallo (4), Juan Pereira (5), Diego Antelo (4), Julián García (4), Javier Rodríguez (1), Antonio Calvelo (4), Pablo Esmoris.
SEIS DO NADAL 20 ( 10 + 10 ): Xosé Costas, Pablo Fernández (6), Jesús Carreira (1), Adrián González, Jonathan Patiño (2), Aontón Seijo (2), Asier Cerqueira (1), David Álvarez (1), Iago López (3), Juan González (4)

Próximo partido

Máis sobre isto