As baixas condicionan ao Laber Xiria, as precipitacións, condénano
O Laber Xiria, recibía onte Domingo ao líder da División De Honra xuvenil, o Seis Do Nadal. Os carballeses, situados na terceira praza da clasificación, están a competir por entrar…

O Laber Xiria, recibía onte Domingo ao líder da División De Honra xuvenil, o Seis Do Nadal. Os carballeses, situados na terceira praza da clasificación, están a competir por entrar nunha desas catro primeiras prazas que dean opción a participar na fase que dá acceso ao campionato de España. Se a empresa fronte ao líder mostrábase complicada, máis difícil facíase coas baixas de Andrés Vila (lesionado coa concentración de talentos organizada pola Federación Galega E a Federación Española) e de Carlos Vilanova (lesionado o día anterior no partido de primeira nacional co Calvo Xiria). O lado dereito do ataque do Laber quedaba mermado, sen xogadores zurdos, pero os de Carballo, que viñan de conseguir unha importante vitoria contra o Cisne, outro dos rivais directos, tiñan un plan para competir co líder e minimizar o impacto destas dúas baixas. O traballo que se levou a cabo durante a semana con dous pivotes, facía estar ilusionado e esperanzado cara ao que se podía ver no encontro. Os xogadores plasmaran a estratexia de forma notable e agora só quedaba esperar a realizalo no terreo de xogo. Pero o Domingo, as cousas non saíron de igual maneira, os inicios do encontro foron realmente deficientes, as precipitacións acumulábanse e daban paso a erros e perdas de balón que o contrario materializaba con velocidade ao contragolpe. Demasiadas facilidades para un conxunto, xa de por se, cun gran potencial. Os ataques do Xiria eran demasiado individuais, pouco verticais e mostraban en exceso as súas intencións. Ante este panorama, a superioridade física do rival notábase aínda máis e os verdinegros entraban nun vórtice onde as présas castigábanos cun marcador moi desfavorable ao termino dos primeiros trinta minutos (10-18). Con este resultado e o rival que estaba enfronte, a proeza da remontada antollábase certamente improbable. Os carballeses tentaríano, estarían máis preto dos olívicos neste segundo período (16-17), pero aqueles, dominando o xogo e o tempo, non daban opción algunha á sorpresa.
Dous finais e un punto por conseguir queda ao Xiria para cumprir ese obxectivo. O próximo rival ,o Luceros de Cangas, segundo clasificado e outro dos conxuntos chamados a pelexar polas prazas de privilexio.
Laber Xiria: 26 (10+16). Antonio Mato (p), Manuel Souto (p), Samuel Castiñeiras (p), Santiago Oreiro, Fran Rey (3), José Varela, Alejandro Gómez (2), Ronaldo Durán, Andy Rey (4), Juan Carlos Rodríguez (9), Roi Alfeirán (4), Andrés Urbieta (3), Manuel Sánchez (1).
Seis Do Nadal: R. iglésias, J.D Rodríguez (7), J. Leiras (11), Santomé Rello, A. Cameselle, D. González (2), R. Rodríguez Millos (3), S. Alfaya (3), A. Domínguez Prieto, J. López, A. Rivas, Martín Gayo, L. Pérez Ogando (3), J. Alonso, R. Fernández (6).
Colexiados: Aaron Sestay, Pedro Eiras. Sen complicacións.
Parciais cada 5¨: 0-3 / 4-7 / 7-11 / 8-13 /9-15 / 10-18 –Descanso – 13-22 / 14-25 / 16-28 / 20-30 / 23-33 / 26-35.
Fotos do encontro:
















