Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cadete masculino

Gran Triunfo do Hierros Varela Urbieta en Chapela

Décimo terceira xornada da Liga Ouro Cadete Masculina Balonmán Chapela 44 – Hierros Varela Urbieta Xiria 45 (21-23) Xogábanse moito ambos equipos neste enfrontamento e notouse nas gañas que os…

Décimo terceira xornada da Liga Ouro Cadete Masculina

Balonmán Chapela 44 – Hierros Varela Urbieta Xiria 45 (21-23)

Xogábanse moito ambos equipos neste enfrontamento e notouse nas gañas que os xogadores puxeron durante os 60 minutos na pista. Partido de moita intensidade onde a penas se fallaron lanzamentos a portería e onde o ritmo frenético de contra-gol e a igualdade converteron o choque nun magnífico partido.
O Hierros Varela Urbieta non caeu na precipitación e poido contrarrestar os envites do Balonmán Chapela, os redondeláns primeiro dispuxeron unha defensa especial sobre o pivote carballés e logo saíron en defensa individual sobre un primeira liña, ambas situacións eran resoltas polo Xiria que golpeaba polo extremo dereito e polo centro da defensa. Tampouco o Xiria era capaz de frear aos atacantes dos primeiras liñas do Chapela que conseguían penetrar e chegar en lanzamentos dende 6 metros que acababan en gol ou sete metros.
A maior parte do tempo o Xiria, aínda que con escasa diferenza, dominaba no marcador, ata a recta final dos derradeiros 7 minutos onde o Chapela se adiantaba, pese a elo os carballeses deron mostras de control do xogo e souberon facerse coa importante vitoria que os consolida na cuarta praza.

Balonmán Chapela 44 (21): Nicolás Alonso 12, David Extremadura, Iago Cerqueira 1, Lois Alonso 14, Rubén Serantes 1, Oscar, Comesaña 9, Xavier, José Carlos 3, Mateo Lago 4, Mario e Raúl Lago

Hierros Varela Urbieta Xiria 45 (23): Izan Cabeza, Xano Rama e Dani Marta (porteiros) Andrés Pombo 8, Andrés Pedreira 1, Alvaro Gómez 2, Nico Cancela 10, Saúl Fuentefría 8, Marcos Varela 9, Pablo Fraga 2, Xabi Fernández, Nico Mejuto, Lucas Mateo 5 e Rubén Nogareda

Arbitraron: Lucía Rodríguez e Leyre Fernández

Próximo partido

Cadete masculino13:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 7
BM LINEA21 AUTO ESCOLA COPACO
MONTAXES CARBALLO XIRIA VERDE

Máis sobre isto