Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Gran vitoria do Marmolería J. Rey Xiria en Santiago.

Na liga territorial de categoría infantil, o Marmolería J. Rey Xiria acudía a Santiago de Compostela para enfrontarse, no pavillón do Colexio Alca, ao conxunto local. O partido foi de…

Na liga territorial de categoría infantil, o Marmolería J. Rey Xiria acudía a Santiago de Compostela para enfrontarse, no pavillón do Colexio Alca, ao conxunto local.

O partido foi de claro domino visitante e tan só os primeiros minutos, cun 2-2 no electrónico, marcaron unha igualdade que non se volvería a repetir en todo o encontro. Os de Carballo demostraron un xogo sólido en defensa e resultaron tremendamente efectivos á hora de subir o contraataque, tanto en primeira, como en segunda onda. No ataque posicional, os verdinegros deleitaron co seu xogo dinámico e foron superiores tanto nas situacións de 1×1 como no xogo sen balón. A boa selección no lanzamento e o xogo combinativo co pivote, foron dous das facetas dominadas á perfección polos de Carballo, que xa gañaban por un amplo 6-22 ao descanso.

O bo xogo e outro parcial similar no segundo acto (5-22), facía posible que os de Xiria saísen vitoriosos do feudo da capital e satisfeitos polo xogo realizado. A achega de todos os xogadores, vital para a consecución deste importante triunfo.

Goleadores:

Fernando Mallo (5), Paulo Collazo (2), Carlos (8), Aaron (7), Diego (9), Manuel (5), Javi (3), Toni (3), Pablo (2)

Fotos do encontro:

IMG_20160305_103003

IMG_20160305_103006

IMG_20160305_103013

IMG_20160305_103117

IMG_20160305_110730

IMG_20160305_110751