Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Nova vitoria do Goldie Xiria

Goldie Xiria 20 – Pabellón Ourense 19 – (11-8) Sufriu máis do esperado o Goldie Xiria diante do Pabellón Ourense, pese a dominar durante todo o encontro, viuse apurado no…

Goldie Xiria 20 – Pabellón Ourense 19 – (11-8)

Sufriu máis do esperado o Goldie Xiria diante do Pabellón Ourense, pese a dominar durante todo o encontro, viuse apurado no tramo final.

Un bo comezo, poñía unha vantaxe de 4 goles para o Xiria nos primeiros minutos, o que se presumía que ía ser un partido cómodo, foise complicando no transcorrer dos minutos, o Goldie Xiria perdoaba diante da portería contraria, e o Ourense con ataques longos conseguía desbordar a defensa rival. Pese a elo o Goldie controlaba o marcador con ese 11 a 8 no descanso.

Continuou coa mesma tónica a segunda parte do encontro, acadando o Xiria a máxima diferenza cun 18 a 13 a falta de 10 minutos, pero sen definir as locais diante da porteira rival, o que lle permitiu as do Pabellón apertando en defensa, e beneficiadas polas rigorosas exclusións coas que os colexiados castigaron ao Xiria, volver a meterse no encontro nos minutos finais, apurando o marcador ata ese 20 a 19 final

Goldie Xiria 20 (11): Brenda Noya (porteira) Juana Garrochena 5 ,Elena Segade 1, Adriana Gómez 1, Jessica Posse 3, Laura Carracedo 6, Sheila Ferreiro, Alba Rodríguez, Lucía Vilariño 1, Natalia Solís 1, Tamara Pombo 1, Leticia Casal 1 e Raquel Gómez.

Pabellón Ourense 19 (8): Jennifer (porteira) , Fátima, Carmen 2, Ana 8, María, Raquel 6, Elisa, Lucía, Antía 2, Elena e Sofía.

Arbitraron: Inocencio Pérez e Christian García excluiron a Leticia Casal (2), Juana Garrochena e Lucía Vilariño polo Goldie Xiria e a Carmen polo Ourense.