O Laber Xiria confírmase como subcampión da División De Honra
O pasado sábado e de forma matemática, o Laber Xiria xuvenil confirmou a segunda praza do campionato de liga da categoría. Está xesta, lograda por segundo ano consecutivo, foi posible…

O pasado sábado e de forma matemática, o Laber Xiria xuvenil confirmou a segunda praza do campionato de liga da categoría. Está xesta, lograda por segundo ano consecutivo, foi posible á vitoria dos de Carballo no derbi que lles enfrontaba ao BM.Artabro da Coruña.
En ocasións, existen no deporte estrañas e repetidas coincidencias que como un Dejavu déixannos retrincos de algo que nos resulta tremendamente familiar. Neste contexto, móvense con excesiva comodidade aquelas actuacións erráticas despois doutras gloriosas nun marco de relumbrón e, precisamente iso, podería resumir o partido do fin de semana pasado entre o Laber Xiria e o BM.Artabro. Chegaban os de Carballo con importantes baixas á cita, pero cun halo de entusiasmo e satisfacción propiciado pola súa vitoria a pasada semana na cancha do líder, que aínda levantaba halagos e recoñecemento ante a actuación dos de Xiria. Estaba a crearse un caldo de cultivo na contorna que podía distraer aos actores do realmente importante: o seguinte partido.
Visitaba o Vila De Noia o BM.Artabro, décimo clasificado e poucos prestaban atención a este gran equipo, ignorantes do porque desta clasificación ou dos axustados resultados conseguidos contra .os mellores conxuntos do campionato. Así foi que o Laber Xiria, aínda cos pousos do acontecido facía sete días, recibía a un conxunto de soleira con moitas ganas por competir e manter intacto o seu orgullo nun dos escenarios máis rechamantes que sempre representa un derbi.
O partido foi competido de principio a fin e os bergantiñáns nunca viviron cómodos na procura por esa vitoria que lles dese matematicamente a segunda praza do campionato. Ben é certo que os locais estiveron a maior parte do tempo por diante no marcador, pero a curta vantaxe, os erros e a espesura do xogo, non ofrecían seguridade algunha ao que podía acontecer. Un golpe franco directo transformado por Juanka co tempo a cero, daba unha mínima vantaxe aos de Xiria no descanso (11-10). Quedaban trinta minutos por disputar e moito por sufrir.
Na continuación, pouco ou nada cambiaron as cousas, o conxunto de Carballo movíase a impulsos individuais e a retagarda non mostraba a contundencia nin a efectividade que acredita ao Laber Xiria como a mellor defensa do campionato. Os coruñeses púñanse por diante e ameazaban a vitoria dos locais cando o envite agonizaba. Si algo tivo de bo o conxunto bergantiñán no día de hoxe, foi que os seus xogadores non caeron na desesperación e ante un equipo que estivo de sobresaiente no aspecto táctico, souberon apertar en defensa no momento clave e mostrarse moito máis solidarios nas axudas e concentrados na área propia.
Con esta segunda praza conseguida, o Laber Xiria adquire o dereito de disputar o play-off que dá acceso ao campionato de España no seu propio feudo, un play-off que reunirá ao segundo, terceiro e cuarto clasificado da DH e ao campión da 2ª división nun fin de semana no que o gañador, terá como premio disputar o sector nacional. Isto será o 1,2 e 3 de Abril, pero antes, concretamente a semana que vén, o Laber Xiria terase que desprazar a Ourense para disputar o último encontro de liga ante o Pavillón de Ourense.
Laber Xiria : 26 (11+15). Antonio (p), Gabriel Castiñeiras (5), Andrés Vila (6), Roi Alfeirán, Borja Rodríguez (2), Iván Calvo (4), Kevin Santos-Equipo Inicial- Fran Rey, Alex Figueroa, Juanka (7), Ronaldo Durán, José Pereira,Tito, Diego Morandeira, Dani Esmorís (2).
BM.Artabro: 23(10+13). Andrea (p), Antón (1), Javi (1), Marcos (5), David (8), Angel (1), Jorge (3), Miguel, Pablo, Carlos, Cristian (1), Lucas (3).
Parciais cada 5´: 2-2/5-3/6-4/7-5/10-8/11-10-Descanso-13-13/15-16/18-18/22-20/24-21/26-23-Final.
Colexiados: Cristian García e Inocencio Pérez. Excluíu con dous minutos a Iván Calvo e Daniel Esmorís polos locais, namentres que polo BM.Artabro foron excluidos, Jorge, Antón e Lucas.
Incidencias: Encontro correspondente á penúltima xornada da liga de División de Honra en categoría xuvenil, disputado no pavillón Vila De Noia ante un centenar de seareiros de ambos os conxuntos.
Fotos:
































