Gran xogo do Calvo Xiria para lograr unha vitoria de grupo

Entre enfermidades, convocatorias coa selección e as lesións de longa duración, afrontou o Calvo Xiria o partido con máis baixas da tempada, con 12 xogadores convocados, de cales Adrián Dubra só podía contar con 10. Os xogadores dispoñibles asumiron o rol que lles tocaba, xogando ao que coñecen, cun gran ritmo de partido, para lograr a vitoria e aproveitar o parón da próxima semana para cargar pilas e afrontar os últimos 4 partido de liga. Tamén a resposta da afección, foi moi boa, nun partido onde o equipo máis o necesitaba. O tramo inicial do encontro, Carnes Doribeiro se vió sorprendido pola defensa 5:1 dos locais. Gran esforzo do Calvo Xiria para manter a rela o xogo co pivote visitante e as arremetidas no 1×1. Unha vez axustado o contraataque o Xiria mantivo vantaxes de 2 a 3 goles. Carnes Doribeiro en plena loita pola permanencia non lle perdía a cara ao partido e recortou diferenzas. Ao descanso, o marcador reflectía 14 a 13. O paso por vestiarios, serviulle ao Calvo Xiria para facer algún pequeno axuste ofensivo, a velocidade do ataque mellorou e unido á excelente defensa que estaban a realizar os xogadores, o partido poñíaselle de novo de fronte con máxima diferenza de 5. Pero un Carnes Doribeiro valente, seguiu remando para poñerse de novo a un gol. Nese momento de partido o Calvo Xiria, mantívose fiel ao plan e unha nova reacción, serviulle para sentenciar. Como novidade, un novo xogador xuvenil, e xa van 4 esta tempada, debutou co Calvo Xiria. Esteban Puñal demostrou o bo balonmán que ten para alegría de todos.

Calvo Xiria 30 – Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal 26

Calvo Xiria (14+16): Darío Calviño (p), Antonio Mato (p), Esteban Puñal, Gabriel Castiñeiras (5), Carlos Martín Guisasola (2), Diego Antelo (5), Manuel Méndez (6), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas, Carlos Varela (2), Mario Cancela (7), David García (3).

Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal (13+13): Ángel Taboas (p), Manuel Cerviño (p), Pablo Álvarez, Pablo Martínez (1), Nicolás Vizcaya, Ángel Rivero (5), Manuel Álvarez, Mateo González, Manuel Villalba, David Costa (6), Nicolás Alberte (1), Mario Fernández (1), Jacobo Rodríguez (9), Jacobo Soto (3).

Parciales cada 5 minutos: 1-1, 6-4, 8-5, 9-6, 13-10, 14-13 (descanso) 17-15, 20-17, 23-19, 24-22, 27-24, 30-26.

Árbitros: Oriol Grebol e Luis Medio.

Incidencias: Partido correspondiente a 26ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila De Noia (Carballo).