Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GRUPO DEP. RIVEIRA 31 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 34

Grupo Deportivo Riveira (15+16) 31: José M., Antonio (11), Pablo G. (6), José S. (4), Ricardo (2), Pablo P. (1), Francisco, Andrés (1), Luis (5), Juan V., Juan C. (1),…

Grupo Deportivo Riveira (15+16) 31: José M., Antonio (11), Pablo G. (6), José S. (4), Ricardo (2), Pablo P. (1), Francisco, Andrés (1), Luis (5), Juan V., Juan C. (1), José M. Musquere, José A., José L.. Adestrador: David Cameán.
Ifecgás Pereira Xiria (20+14) 34: Guillín, Angel (8), Barreiro, Ruben, Fernando (7), Raúl, Hugo (4), Eloy (3), Alfredo (1), Javi Zas (4), Adrián, Aitor (4), Diego (3). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiado: Julio López. Sen complicacións.

Multiples imprecisións e erros estiveron a piques de dar ao traste co partido para o Xiria. O partido estivo marcado claramente polos constantes erros do Xiria, tanto en ataque como en defensa.

O encontro comezou cun bo Ifecgás Pereira Xiria que marcou as diferenzas xa dende o principio marchándose de catro goles. Pero como xa se mencionou no titular da crónica, erros no lanzamento en 1×1, erros nos pases sen ningún obstáculo, erros nas marcas, etc…, levantaron a un Riveira que conseguiu empatar o partido, aínda tasn só durante uns instantes porque o Xiria, aínda cometendo erros, conseguía marchar ao descanso cunha vantaxe de seis goles.

Na segunda metade o equipo dirixido por Juan M. Rodríguez deulle vida a un Grupo Deportivo Riveira xa entregado con ataques imprecisos e embarullados e cunha defensa pésima. Mais a maior calidade do Ifecgas Pereira púxose de manifesto cando peor estaban as cousas, un arriba para os carballeses e balón para os do Barbanza, e conseguiu traer dous importantísimos puntos para Carballo. Mais sabendo que o Oar e o Narón, dous dos perseguidores polas prazas da fase de ascenso perderon os seus partidos.

A próxima fin de semana visita a pista carballesas o Bm Ferrolterra, un equipo, en principio, asequible, pero no que os carballases o terán que demostrar na cancha cun bo partido ante o seu público.