Grupo Lemaco Xiria 31 – OAR Coruña 27 (Cadete Masculino)

CADETE DIVISIÓN DE HONRA (Copa Federación)

GRUPO LEMACO XIRIA: 31 – OAR CORUÑA: 27

Grupo Lemaco Xiria: 31 (17+14) Antonio, Alberto (2), Xurxo (2), José (7), Dani (4), Juanca (10), Alex (1) – Equipo inicial – Souto, Calvo, Gabriel (5),Borja, Andrés, Diego.

OAR: 27 (13+14): Dani, Diego, Alejandro (5), Marcos (5), Rosende (7), Sergio – Equipo inicial – Darío, Pablo (3), Raul (3), Mario (4), S.López, Javi, Costa.

O grupo Lemaco Xiria, recibía no derbi da Copa Federación ao OAR da Coruña, coa ilusión de acadar unha nova victoria que lle permita seguir na primeira posición do grupo un de esta competición. O conxunto de Carballo, afrontaba este encontro con numerosas baixas, pero os xogadores menos habituais, que xa deran toda unha lección de xogo o pasado fin de semana en Redondela, a bo seguro que eran suficiente garantía para impoñerse no día de hoxe a os coruñeses.

Así foi que os verdibrancos comenzaron o envite amosando unha intensidade e contundencia defensivas sobresaintes, apoiados por unha excelente labor do seu gardamallas e gozando rapidamente de unha avantaxe moi cómoda dada a súa eficacia no contragolpe. No posicional, o xogo colectivo era disciplinado e solidario, ó que, unido a calidade individual dos xogadores, facilitaba a consecución de espazos efectivos cara a portería contraria. Deste xeito se chegaba ao tempo de descanso, cun Xiria dominador no electrónico e no xogo, comandando o partido cuha ventaxa cómoda, inda que non definitiva (17-13).

Na reanudación, non cambiaron as tornas e os carballeses, serios e competitivos, levaron o mando en todo momento. O dominio dos tempos de xogo nos instantes de maior presión por parte dos visitantes, foron claves para que non fixera aparición ó estrés nin a precipitación no ataque. Esta madurez amosada polos rapaces de Carballo, fixo posible manter a renda que se conseguira no primeiro acto e como consecuencia, dos novos puntos que fan posible que se siga liderando a clasificación de este grupo.

A semana que ven, o conxunto de Xiria terá un difícil partido en casa do subcampión galego, o BM. Luceros.

cad