GRUPO LEMACO XIRIA: 32 – BM.CARBALLAL: 21

CADETE DIVISIÓN DE HONRA

Grupo Lemaco Xiria: 32 (13+19) Souto, Carlos (10), Gabriel (4), José (7), Borja, Iván (5), Juanca (3) – Equipo inicial – Antonio, Alberto, Dani, Alex, Tito (3), Andrés, Xurxo.

BM.Carballal 21 (13+8): Julio, Dani (7), Brais (2), Xian (3), Xabier (9), Samuel, Iago – Equipo inicial – Javi, Bruno, Yago, Jesús, Otero, Jorge, Pablo.

Despois da derrota no día de onte do Teucro, o Grupo Lemaco Xiria, tiña a posibilidade, en caso de victoria, de auparse a cuarta ou terceira praza e seguir aspirando a esa segunda posición, que da dereito a participar no campeonato de España da categoría.

Pero, os de Carballo, xogaron o seu peor partido do ano e se mostraron moi erráticos e pasivos, sobre todo no primeiro acto. A falla de intensidade e de atención, levaba aos verdibrancos a sumar numerosas perdas de balón nos primeiros trinta minutos e a estrelarse contra o gardamallas dos de Vigo.

A pesar de este feito, a maior calidade dos de Xiria, facía posible que comandaran no electrónico dende o principio e no paso polo minuto vinte, a diferencia era cómoda para os de casa (13-8). Foi entón cando, dez minutos sin ver portería por parte dos bergantiñáns e un parcial de 0-5 conseguido polos olívicos, deixaba as táboas no marcador no intre en que os colexiados asubiaban a retirada os vestiarios (13-13).

Parecía que os olívicos sairon con novos folgos, espoleados polo feito de como rematara o anterior acto e un 2-3 de parcial, daballes a primeira ventaxa do partido (15-16). Neste intre, foi cando os de Carballo tomaron conciencia da situación e apretaron os dentes en defensa, subindo a intensidade da mesma. As accións defensivas estaban a ser positivas por primeira vez dende o inicio e un 3-0 de parcial, daba a dianteira de novo aos locais. A partires de eiquí, a retagarda dos de Xiria xa non baixaría o seu nivel e as recuperacións de balón facían posible que os carballeses se distanciaran no marcador con rápidos contragolpes.

Como ben anunciábamos ó principio, ó encontro deixa dous importantísimos puntos no peto dos verdibrancos para colocarse na terceira praza da clasificación (inda que Lalín é cuarta con dous encontros menos) a tres puntos da segunda praza.

A semana que ven, o conxunto de Xiria viaxará a Ourense, para enfrontarse ó Bm. Pabellón, último clasificado con dous puntos no seu casilleiro. Os de Carballo, sen marxe de erro, terán que sumar os dous puntos se queren seguir aspirando a conseguir esa segunda praza da clasificación.