GARAYSA XIRIA: 39 – A.D. CARBALLAL: 19

DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL MASCULINO

Garaysa Xiria (21+18): Samuel, Mario, Pombo (2), Pedro (1), Ronaldo (3), Brais (3), Antón (6), Fran (7), Vila (6), Roi (3), Cristopher (1), Urbieta (5) e Pablo (2).

A.D. Carballal (8+11): Julio, Lois, Óscar (3), Jose, Lucas, Iago (1), Brais, Samuel (3), Gabriel (1), Brais (5), Jose M. (4), Mario (2) e Alberto.

O Garaysa Xiria saíu coma un ciclón e cunha intensidade defensiva moi alta pronto acadou unha ampla renda que xa non deu ningunha opción ao seu rival de loitar polos dous puntos. Os roubos de balón lonxe da portería local propiciaban os rápidos contragolpes que eran ben culminados polos atacantes do Garaysa.

O 21-8 ao descanso deixaba todo listo para sentenza, sen embargo os xogadores do Carballal tiraron de orgullo e non deixaron de loitar durante todo o encontro. Pola outra banda os nosos tampouco caeron en relaxacións e foron aumentando a renda ata rematar co 39-19.

Na vindeira xornada ao equipo tócalle descansar para encarar así con forza a recta final da liga.