GRUPO LEMACO XIRIA 33 – BUEU ATL. 40

COPA FEDERACIÓN XORNADA 2

22/09/2012

Grupo Lemaco Xiria: 33 (21+12): Buño, Iván (8), Dani (4), Diego (2), Pablo (1), Enrique (7), Lolo (7) -equipo inicial- Manuel, Gabriel (1), Calvo (2), José Eiroa (1), Andrés, Borja, Álex.

Bueu Atl.: 40 (16+24): Raul, Anxo (8), Villegas (4), Mateo (2), Samuel (3), Brais (5), David (15) -equipo inicial- Sergio, Sequeiros (2), José, Carlos (1).

Colexiados: Borja Pazos e Manuel Currás.

O Grupo Lemaco Xiria debutaba diante dos seus no pavillón Vila de Noia na 2ª xornada da Copa Federación. O visitante, o Bueu Atl., un equipo mozo e con calidade que dará, a bo seguro, moito que falar na liga de DH deste ano.

O encontro comezou con alternativas no marcador e moita igualdade no xogo. A intensidade era alta e os dous equipos intentaban poñer sobre o parqué carballés a velocidade como sinal de identidade. Foi no meridiano deste tempo cando os locatarios, aproveitando unha exclusión dos pontevedreses, romperon o partido cun parcial de 5-0, baseándose nunha dobre mixta sobre os xogadores que estaban a ser máis determinantes no equipo foráneo. Deste xeito, chegaba o tempo de lecer e os dous conxuntos retirábanse aos vestiarios cun marcador parcial de 21-16 para os de Xiria.

Na reanudación as tornas cambiaron e foron os de Bueu os que iniciaban este tempo cunha marcha de máis. En apenas tres minutos, xa recortaran outros tantos goles e, arredor do minuto quince, situábanse dous tantos por enriba. A mixta que o adestrador pontevedrés dispuxera sobre Iván causaba o efecto desexado, e os bergantiñáns non eran capaces de superar a defensa azul no 5×5. O dominio nesta segunda metade do equipo de Bueu, foi máis que evidente, polo tanto o resultado final de 33-40 pódese considerar xusto polo acontecido no Vila de Noia de Carballo.

A vindeira xornada, derradeira desta fase, o Grupo Lemaco Xiria xogará en Vigo contra o sempre potente Academia Octavio.