Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 35 – BM. CANGAS-JOSÉ ENSEÑAT 26

XORNADA 8 25/11/2012 Ifecgás Pereira Xiria: 35( 15+20): Zúpez, Rubén Gómez (2), Martín (7), Javi (12), Edu (5), Alberto (1), Calvete (2) -equipo inicial- José, Julián, Rubén Anes (4), Fidi,…

XORNADA 8

25/11/2012

Ifecgás Pereira Xiria: 35( 15+20): Zúpez, Rubén Gómez (2), Martín (7), Javi (12), Edu (5), Alberto (1), Calvete (2) -equipo inicial- José, Julián, Rubén Anes (4), Fidi, Óscar, Álex (1), Iván.

Bm. Cangas-José Enseñat: 26 (15+11): Alberto, Abel (3), Darío (2), Dani (2), Rubén (3), Soliño (7), Joel (8) -equipo inicial- Manuel, Anxo, Xairo, Sierra, Camiña (1).

Colexiados: Alba Currás e Soraya Abelenda.

Partido da oitava xornada da división de honra en categoría xuvenil que enfrontaba a dous equipos, chamados a loitar polo título final e que se atopaban igualados a puntos na táboa clasificatoria. Os de Cangas víñanse mostrando coma un equipo fiable e tan só perderan un partido na difícil cancha do Bm. Lalín mentres que os de Xiria están indo de menos a máis no seu xogo e na sua regularidade, polo que se esperaba un duelo certamente igualado.

As previsións non foron erróneas e os dous equipos saíron intensos e concentrados, sabedores do importante dos dous puntos en xogo. A igualdade era a tónica predominante e así o reflectía un parcial de dez minutos a favor de cada equipo e un empate a cinco goles nos últimos dez para deixar no intermedio o electrónico en táboas e todo por decidir na reanudación (15-15).

Non variou nada nos primeiros dez minutos da segunda metade, onde os do Morrazo se impoñían cun 4-5 de parcial, contestado nos seguintes por un 6-3 a favor dos locais. Achegábanse os minutos cruciais e a tensión palpábase nas bancadas, repletas por siareiros de Cangas e Xiria (23-23 minuto 17). Pero foi nos últimos dez minutos onde o Ifecgás Pereira, soubo manter a calma, subir a intensidade da súa defensa e portería e pechar un partido, igualado ao longo de cincuenta minutos, cun parcial de 10-3 cando máis o necesitaba o equipo e non había xa capacidad ede reacción para o rival.

A vindeira fin de semana os bergantiñáns viaxarán a Bueu para enfrontarse ao equipo desta localidade, que ocupa o décimo posto da táboa clasificatoria. Importantísimo partido para os de Xiria que actualmente ocupan o cuarto posto na clasificación a tan só dous puntos do líder e con un partido menos.