HERMO FINCAS SEIS DO NADAL 47 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 21
Hermo A. de Fincas Seis do Nadal Coia: 47 (19+28): Carlos, Diego (7), Alberto (5), Víctor (6), Guillermo (11), Adrián (4), Jacobo (4) -equipo inicial- Pedro (4), David (3), Enrique,…
Hermo A. de Fincas Seis do Nadal Coia: 47 (19+28): Carlos, Diego (7), Alberto (5), Víctor (6), Guillermo (11), Adrián (4), Jacobo (4) -equipo inicial- Pedro (4), David (3), Enrique, Óscar (3), Rodrigo, Adrián, Abraham.
Ifecgás Pereira Xiria: 21 (10+11): Dani López, Brais (5), Iago (3), Joaquín (2), Miguel (4), Alvarito (1), Viñas (1) -equipo inicial-Iván, Martín Alfeirán (4), Álex, Cristian, Dani Amado, Jorge (1), Mario.
Colexiado: Andrea Rodríguez e Tania Rodríguez.
O Ifecgás Pereira Xiria caeu derrotado o pasado sábado na decimosetima xornada de liga na División de Honra Xuvenil ante a un dos rivais con máis potencial da categoría, o equipo vigués do Seis do Nadal, co-lider do campionato xunto ao Octavio.
O encontro comezou frío, con puco ritmo e escaso dinamismo por parte dos dous equipos, pero o conxunto local aproveitaba os seus baluartes ofensivos para perforar a portería bergantiñán, ben nos ataques estáticos, ben nos rápidos contaataques que chegaban por calquera das zonas do campo. Este primeiro asalto foi moi desigualado e cos vigueses sempre por diante no marcador disfrutando de diferenzas moi cómodas. Ao descanso,chegouse cun marcador de 19-10 que parecía poñer as cousas moi costa arriba para os visitantes.
A reanudación non foi diferente, o envite estaba a ser plácido para o Sedona, pero o obxectivo do Xiria no día de hoxe, dada a superioridade do rival, era o de dar minutos a todos os seus xogadores, que tiveran experiencias no xogo e sensacións no 40×20, para posteriores enfrontamentos fronte a rivais directos. Tres dos xogadores cadetes convocados polo equipo carballés tamén disfrutaron de moitos minutos, facendo unha gran laboura, tanto en defensa como no ataque posicional. Neste sentido o encontro serviulle de moito ao técnico carballés Fernando Vázquez. Os de Carballo continuan ocupando o sétimo posto da clasificación, un lugar plácido e cómodo que non fai perigar os intereses do Ifecgás.
A próxima fin de semana, o Ifecgás Pereira Xiria apraza o seu encontro de liga posto que viaxa a León para disputar o Torneo San José que organiza o club Ademar de León e que será unha bonita experiencia, xa que vai enfrontar ao equipo de Carballo contra outros equipos de diferentes lugares do territorio nacional.