HIDROMIÑO ATL. NOVÁS 22 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 37

Hidromiño Atl. Novás: 22 (9+13): David, Mario (3), Jorge (2), Diego (2), Óscar (6), Xabier (1), Fabián (2) -equipo inicial- Dani (1), Pablo, Nathan, Sérgio (5), Adrián, José.

Ifecgás Pereira Xiria: 37 (20+17): Zúpez, Bouzas (3), Martín (7), Javi (8), Edu (2), Miguel (3), Rubén Gómez (3) -equipo inicial- José (1), Mario García De Seárez (2), Calvete (3), Álex (2), Iván, Mario Santiago, Anes (3).

Colexiados: Sérgio Vázquez e Julio Villanueva.

A liga de División de Honra en categoría xuvenil está tocando ao seu fin e o Ifecgás Pereira segue a comandar a clasificación a falta de catro xornadas, dominando os seus partidos con absoluta contundencia.

O encontro do Rosal era un partido trampa, xa que, aínda que o cadro do Novás ocupa a última posición da táboa clasificatoria, víñase mostrando como un equipo difícil de bater no seu campo, de aí os resultados que obtiveron contra o Teucro e o OAR, segundo e cuarto clasificado respectivamente, que tan só se puideron impoñer por un gol de diferenza.

Pero os de Xiria non estaban para xogar coa pólvora e, para evitar sorpresas, saíron dende o minuto un a rematar a faena pola vía rápida. As súas sinais de identidade: intensidade, defensa, velocidade, puxéronse de manifesto dende os primeiros compases para selar dous puntos importantísimos xa nos primeiros trinta minutos cando se retiraban aos vestiarios cun contundente 9-20.

Na segunda metade o Ifecgás Pereira non baixou o seu ritmo e seguiu marcando un ritmo moi alto en defensa e frenético no contragolpe para firmar un marcador de escándalo que os mantén máis cerca do campionato galego. Tan só nos últimos minutos, onde os bergantiñáns se relaxaron, fixeron posible que os locais conseguiran un parcial de 6-1 e maquillaran en certa forma o resultado final, 22-37.

A vindeira fin de semana, os carballeses xogarán outra das catro fianis que lle quedan, recibindo o domingo, ás 12.15 h no Polideportivo Carballo Calero, a visita do sempre complicado Balonmán Lalín, 5º calsifiado.