HUGO RODRÍGUEZ «CHIMPO» SERÁ A DERRDEIRA INCORPORACIÓN DO CALVO XIRIA
Hugo Rodríguez García “Chimpo” (Carballo, 1987) será a cuarta e, salvo sorpresas, a derradeira incorporación do Calvo Xiria para a tempada 2011-2012. Xogador que desenvolveu, dende cativo, toda a súa…
Hugo Rodríguez García “Chimpo” (Carballo, 1987) será a cuarta e, salvo sorpresas, a derradeira incorporación do Calvo Xiria para a tempada 2011-2012.
Xogador que desenvolveu, dende cativo, toda a súa carreira balonmanística no Xiria, coa excepción da pasada campaña na que por motivos laborais militou nas filas do O.A.R. Coruña, onde foi un dos xogadores destacados no equipo herculino, 5º clasificado da liga o pasado curso.
Retorna así á súa “casa”, ao Xiria, club co que se proclamou campión galego nas categorías cadete e xuvenil. Debutou co equipo sénior en 1ª Estatal na campaña 06-07, ano do descenso a 2ª nacional. Dous anos despois conseguiría co equipo carballés o retorno á 1ª Estatal, convertíndose nesa e nas dúas posteriores tempadas en 1ª nun dos referentes ofensivos do equipo. Finalmente a pasada tempada fichaba no O.A.R..
Chimpo é un xogador que se pode desenvolver en calquera das posición da 1ª liña e que destaca pola súa calidade e versatilidade no lanzamento, a súa capacidade de salto, e o seu dominio e boa circulación do balón. Está chamado a ser un dos referentes ofensivos do equipo para este novo curso.