Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 34 – BALONMANO PORRIÑO 31

Ifecgás Pereira Xiria: 34 (17+17): Iván, Iago (7), David (14), Alvarito, Ricardo (3), Jorge (1), Miguel (5) -equipo inicial- Dani, Luís, Brais (3), Cristian, Martín Rial, Joaquín, Martín Alfeirán (1).…

Ifecgás Pereira Xiria: 34 (17+17): Iván, Iago (7), David (14), Alvarito, Ricardo (3), Jorge (1), Miguel (5) -equipo inicial- Dani, Luís, Brais (3), Cristian, Martín Rial, Joaquín, Martín Alfeirán (1).

Balonmano Porriño: 31 (16+15): Lucas, Hugo (7), Alberto (6), Estévez (4), Pablo (2), Dani (10), Manuel (2), Miguel, Adrián, René, Brais.

Colexiados: Cesar Carballo e J. Andrés Gilsanz.

Comezou a segunta volta da liga de División de Honra Xuvenil cun importantísimo encontro para o Ifecgás Pereira posto que se medía con un rival directo para escapar dos postos baixos da taboa clasificatoria e aspirar a cotas máis altas e acordes co nivel do plantel. O equipo que visitaba o Pavillón Municipal Carballo Calero era o Balonmano Porriño, que se atopaba igualado a puntos cos carballeses e ambos a tan só 3 puntos da zona de descenso.

O encontro navegou nos sesenta minutos na absoluta igualdade. Un partido moi disputado polos dous equipos, onde os do Xiria asomaban a cabeza por diante en máis ocasións, aínda que con curtas vantaxes que nunca superaron os catro goles de diferenzas. Non se trataba dun encontro no que os equipos destacaran polo seu xogo, seguramente atenazados polo moito que se xogaban no envite. Os ataques impuxéronse claramente ás defensas, sobre todo na primeira metade. Este feito fixo que o encontro fora de ida e volta, moi atractivo polo tanto para os espectadores que alí se deron cita.

Os de Porriño facían moito dano na liña co seu pivote e os locais sabían da importancia de parar estas acometidas para explotar o contraataque, unha das súas armas máis letais. A envergadura do xogador Porriñés e o seu peso, facíano imparable para a defensa dos carballeses, que non puideron con el ata ben avanzada a segunda parte. A tónica de igualdade marcou este primeiro acto con distacias mínimas, como así indicaba o electrónico no remate dos primeiros 30 minutos, 17-16.

A reanudación non foi diferente pero os do Ifecgás Pereira rompían o encontro mediada esta segunda metade, conseguindo unha vantaxe de 4 tantos, distancia que á postre sería definitiva. Este feito foi esencial para que os presentes no pavillón carballés puideran asistir con tranquilidade aos últimos instantes do encontro, onde a vitoria local non perigaba. Ao final, o marcador reflectía ese 34-31 que daba dous puntos importantísimos aos de Carballo, á espera de visitar o vindeiro domingo a cancha do Balonmán Cangas, colista da competición.