VIPECÓN XIRIA 37 – LAS CINCO JOTAS LAVADORES 28
VipecónXiria: 37 (15+22): Zúpez, Anes (1), Martín (10), Javi (3), Jorge (9), Álex (3), Rubén Gómez (6) -equipo inicial- Miguel, Calvete (3), Mario, Julian (2), José, Marc. Las Cinco Jotas…
VipecónXiria: 37 (15+22): Zúpez, Anes (1), Martín (10), Javi (3), Jorge (9), Álex (3), Rubén Gómez (6) -equipo inicial- Miguel, Calvete (3), Mario, Julian (2), José, Marc.
Las Cinco Jotas Lavadores: 28 (14+14): Mario, Óscar (9), Borja (6), Pablo (1), Luís (5), Benítez (2), Iglesias (4) -equipo inicial- Iván, Lucas (1), Pérez, Fernández, Victor.
Colexiados: José Pérez e Victor Freire.
Excelente partido o que se puido presenciar o pasado domingo no pavillón carballés Vila de Noia entre dous dos mellores equipos da liga de División de Honra Cadete e magnífico o nivel demostrado polos rapaces do Vipecón.
No inicio, os xogadores bergantiñáns sairon moi decididos a polos dous puntos en xogo e puxeron unha intensidade certamente alta no envite, mentres que os de Vigo non lles ían á zaga e mantíñanse por detrás no marcador pero con diferencias moi curtas. O xogo rápido dos de Xiria e os seus contragolpes non eran efectivos nesta ocasión porque os carballeses erraban ata dez lanzamentos sós ante o porteiro nesta primeira metade. Polo tanto a superioridade que se vía no xogo non se materializaba no electrónico e isto facía que a tensión se palpase no graderío pola importancia da victoria para os locais. O 15-14 co que se chegaba o descanso non permitía ningunha relaxación por parte dos locaisa e demandaba unha intensidade e atención moi alta cara a reanudación.
Na segunda parte o equipo local pisaba definitivamente o acelerador dende o inicio, apoiandose, sobre todo, en tarefas defensivas para rematar coas esperanzas dos olívicos a base de contraataques. Un parcial contundente nestes derradeiros trinta minutos de 22-14 facía posible ese marcador final de 37-26 que deixa aos de Xiria comandando a taboa clasificatória a falta de unha xornada para o remate do campionato.
O partido da próxima fin de semana disputarase en terras viguesas contra o Octavio e esperamos que todos os siareiros do Vipecón se acerquen a disfrutar de este encontro no que os rapaces de Xiria poden conseguir o título de campións galegos.