Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 26 – DCR SEIS DO NADAL COIA 30

Ifecgás Pereira Xiria 26 (10+16): Naya, Brais (9), Zas (6), Iago, Jorge Viñas (1), Antón (5), Dani (3) –equipo inicial- Miguel (2), Bisbi, Jorge Docampo, Martín Rial, Cristian, David Mallo,…

Ifecgás Pereira Xiria 26 (10+16): Naya, Brais (9), Zas (6), Iago, Jorge Viñas (1), Antón (5), Dani (3) –equipo inicial- Miguel (2), Bisbi, Jorge Docampo, Martín Rial, Cristian, David Mallo, Adrián.

DCR Seis do Nadal Coia 30 (14+16): Carlos, Abraham (10), David (6), Alberto (3), Alexandre (3), Gabriel (2), Victor (2) –equipo inicial- Diego (4), Guillermo, Adrián, Ángel, Ramón, Manuel, Óscar

Colexiados: Manuel Docampo e Julio López

O Ifecgás Pereira Xiria recibía na cancha da Zona Escolar ao potente equipo do Seis do Nadal vigués, e os de Carballo sairon derrotados por 26-30.

O Ifecgás Pereira Xiria comezou o encontro cunha boa intensidade, parecía un equipo totalmente diferente ao que perdera en Ourense facía tan só sete días. A forte defensa e a actitude que se vía non tiña nada que ver coa de aquel partido, e iso era bo para os da casa. De todos modos, todos sabían que o partido ía ser moi longo e que había que manter a concentración dado o nivel do rival. Así foi, e coas paradas do porteiro e a calidade dos xogadores de Vigo, estes dominaron o marcador e mantiveron vantaxes curtas durante toda a primeira parte. Un arreón final dos visitantes facía que se foran ao descanso con catro goles de vantaxe, 10-14.

A reanudación foi intensa e vibrante,tanto como o fora a primeira metade, o espectáculo que se estaba a vivir era notable e así o reflectían as dúas inchadas presentes no pavillón carballés. O marcador parecía que definitivamente ía favorecer aos do Sedona, xa que gañaban por dez goles de diferencia, pero foron os últimos dez minutos cando os de casa comenzaron a recurtar diferenzas grazas a unha defensa presionante sobre dous dos xogadores máis destacados do equipo contrario. Pero non houbo tempo suficiente para que os do Xiria pudesen achegarse máis e o encontr remataba con un 30-36 a prol dos de Coia. Hai que ser xusto e dicir que o Ifecgás Pereira Xiria nesta ocasión si foi o equipo que todos agardabamos, con esa loita e esa intensidade que todos votamos en falta a xornada pasada fronte un equipo moi inferior aos carballeses. Felicitar os rapaces do Ifecgas Pereira Xiria porque este e o camiño a seguir e con esta actitude e intensidade a bo seguro que os resultados chegarán.

Na vindeira xornada o Ifecgás Pereira Xiria recibe, domingo ás 12.15 h no Pavillón da Zona Escolar, ao Promalar Cangas.